in

A AELG ofrece varios proxectos didácticos vinculados coas artes escénicas

Eroski Paraíso de Chévere
Foto de Matteo Bertolino

Camilo Franco anima a rapazada a ser espectadoras activas e Roi Vidal Ponte, Nee Barros e Míriam Ferradáns propoñen percorridos teatrais por Santiago de Compostela e Pontevedra.

 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, vén de presentar Escena para Todas, un novo proxecto didáctico que ten como finalidade achegar o alumnado ao teatro desde as actividades que se desenvolven nas aulas. O proxecto, que conta ao apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Pontevedra, procura servir de porta de entrada do alumnado cara ao teatro e servir de guía ao profesorado para a realización de actividades relacionadas coas artes escénicas no espazo escolar.

A unidade didáctica “Escena para todas. Para que vou querer ir ao teatro?” pretende que a rapazada perda o medo a ir ao teatro e se anime a pasar das aulas aos patios de butacas. A proposta, elaborada crítico teatral, xornalista e escritor Camilo Franco e a escritora e docente Anna R. Figueiredo, está orientada ao alumnado de secundaria e bacharelato e inclúe material audiovisual. Nela, Camilo Franco explica algunhas das razóns prácticas para ser espectadores e espectadoras activos a partir de tres fragmentos da obra Eroski Paraíso, da compañía teatral Chévere, que os alumnos tamén pode ver en liña.

A vila imaxinada

Ademais, a AELG ofrece outras tres unidades didácticas relacionadas co teatro, que se encadran no proxecto didáctico A vila imaxinada. “Compoescenas” é unha proposta do dramaturgo e docente Roi Vidal Ponte. Nela convida a visitar os lugares da cidade de Santiago de Compostela relacionados directamente co mundo do teatro, dende o momento en que se estrea Os vellos non deben namorarse ata o presente.


Publicidade

Ademais, proximamente estarán dispoñibles outras dúas unidades didácticas. Unha delas, a do escritor Nee Barros, explorará as rúas de Pontevedra como celme de dramaturgxs a través do tempo. A outra, a da poeta Miriam Ferradáns, achegarase á Pontevedra de Aurora Vidal e, no percorrido pola vida da escritora, recuperaranse historias de mulleres adiantadas ao seu tempo e da vida teatral que tivo a cidade pontevedresa.

As tres unidades do proxecto A vila imaxinada, coordinadas por Anna R. Figueiredo, ofrecen unha parte argumental, vídeos complementarios e un serie de actividades para realizar na aula. Na web da AELG pódense consultar tamén outros materiais didácticos dirixidos ao alumnado de educación secundaria.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Kirenia Danza residencia artística

Kirenia Danza desenvolve unha residencia artística en Suecia

Xosé Manuel Pazos, Antón Lamapereira e Alba Cordeiro

Xosé Manuel Pazos Varela: mestre, político e amador do teatro