O texto Xa están aquí!, da dramaturga e docente Raquel Castro gañou o VI Torneo de Dramaturxia de Galicia, organizado pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, DramaturGA e o CDG. Eva Vila e Salvador del Río foron os intérpretes da peza gañadora. Os outros textos que participaron no combate foron Sopa de morcego, de Laura Porto, interpretado por María Francelina e Nuria Gullón; Flíper, de Cándido Pazó, interpretado por Anabel Budiño e Andrés Giraldez; e Viaxar é un pracer, de Antón Coucheiro, interpretado por Antonio Durán Morris e Avelino González.
O espectáculo desenvolveuse o martes pola noite no Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela e estivo conducido por Esther F. Carrodeguas. Antes de dar comezo ao torneo, María Armesto, a directora artística da mostra, procedeu a entregar ás Tanxugueiras o Premio Mulleres en Acción, que recolleron Olaia e a Sabela Maneiro.
- O Salón Teatro acolle o espectáculo ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’ - 16/12/2025
- O Eu.Experimento do Camões CCP en Vigo homenaxea á súa actriz Ana Sousa, recentemente falecida - 16/12/2025
- O Colectivo D’elas é galardoado co Premio do Público no 39 Certame Coreográfico de Madrid - 07/12/2025



