in ,

O Festaclown de Vilagarcía arranca con éxito de público

Festaclown Vilagarcia 2022 Público vendo un espectáculo
O público desfrutando de 'Malabarabilidades' de Fran Boza. Imaxe: Rocío Cibes

Vilagarcía arranca o Festaclown convertendo as súas rúas na capital galega das risas e o circo. A programación comezou o mercorés pola mañá con Pallasos en Rebeldía, Clámide, Desastronauts e Fran Boza, que inauguraron a edición 2022 recuperada tras a pandemia.

A inauguración do Festaclown estivo ateigada de cativos e cativas, que foron as protagonistas deste acto no que puideron pintar o cadro do Guernica entre berros de “Non ás guerras”, o lema desta edición do Festaclown. Pola tarde, Desastronauts e Entre Nous  propuxéronse facer rir ao público e deixar a máis dunha persoa coa boca aberta coas súas espectaculares acrobacias.

FRAN_BOZA_FESTACLOWN_VILAGARCIA_2022
 

Cinco días de Festaclown

de Vilagarcía 2022, conta cunha ampla programación que abrangue dende o pasado día 17 ao 21 de agosto e onde as protagonistas serán compañías galegas como Desastronauts, Fran Boza, Troula ou Dani García. Sen esquecer grandes nomes a nivel estatal e internacional como Cía Vaya, Entre Nous, Rojo Telón, Kanbahiota, Trotamundos, La Troupe Malabó ou Javier Ariza.


Publicidade

Todas as actividades serán gratuitas con entrada libre e a programación do Festaclown pode consultarse na súa web.

Ademais, haberá unha nova edición do Certame Festaclown, onde será o público de todas as idades quen escolla o seu espectáculo favorito. O público votará ao longo de todo o festival na procura do espectáculo mellor valorado.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Amantis portada |

Amantis | 39ª MITCFC

Papagena de ButacaZero e Iago Hermo

ButacaZero ensaia ‘Papagena’ coa que dan o salto á ópera electrónica