in ,

Teatro, danza e inclusión no Festigual da Coruña

A programación arranca con Experimentadanza en funcións escolares e para todos os públicos

Festigual Coruña

A VI edición do festival inclusivo da Coruña, o Festigual, arranca cunha das compañías máis veteranas do evento, Experimentadanza. Será o mércores 26 ás 12:00h onde se presente o espectáculo “Distopía” no Centro Ágora para alumnado de secundaria e o xoves 27 ás 20:30h para todos os públicos, tamén no Centro Ágora.

A peza Distopía” fala de como as persoas, ante un sistema dictatorial, perden a súa esencia instintiva e profundiza sobre como ás veces as persoas son capaces, en comunidade, de salvar unha sociedade enferma. Experimentadanza é unha compañía profesional de danza da Coruña que leva máis de 15 anos desenrolando espectáculos inclusivos e proxectos comunitarios baixo a dirección de Carlota Pérez.

O mes de novembro tamén comeza cunha chea de actividades ao redor das artes inclusivas, tanto para público xeral como outras dirixidas específicamente a alumnado  da cidade. O 2 de novembro, os escolares da Coruña poderán disfrutar da obra teatral Hugo de Náufragos Teatro no Centro Cívico os Mallos ás 12:00h. A entrada e saída da obra tamén terán a oportunidade de realizar unha visita virtual ao Museo de Belas Artes grazas á actividade “Un Museo en Movemento. Descubrindo o Museo” da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña.


Publicidade

Por outra banda, o 4 de novembro haberá unha actividade no Domus ás 20:30: o pase de “Miradas Diversas a Coruña”, Unha peza audiovisual que recolle a realización dunha exposición videoartística na que participaron colectivos de persoas con diversidade funcional, a cargo de Intersección. Posteriormente, poderase gozar dun concerto da Orquestra Diversidarte.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carlos Labraña

Carlos Labraña gaña o Premio SGAE de Teatro Infantil cun texto en galego sobre a memoria histórica

20221024 CDG Quintas Camoes ACHADICO foto Joao Tuna |

O Salón Teatro acolle a segunda edición das ‘Quintas do Camões’