in , ,

A compañía SÖA estrea ‘Fogar’

Farán funcións en Catoira e Ribadumia desta peza que combina teatro e danza

Fogar da Cía Soa 2
'Fogar', da Cía. SÖA

A compañía galega SÖA, formada por Marta Velázquez, Martín Blanco e Carlota Rosón Rojo, estrea a súa peza Fogar o día 30 de xuño, ás 21.00 horas, no Auditorio de Catoira; e levarán a peza tamén a Ribadumia, o 14 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza do Concello.

Fogar é unha instalación sonora na que tres intérpretes, a través da música e a danza, crean a atmosfera onírica dunha época pasada. Mediante a recreación fragmentada dos espazos íntimos dunha casa, “trátanse temas como a pertenza a un lugar, a dor que supón deixar o fogar ou o reencontro amargo ou gustoso tempo despois”. Unindo varias disciplinas, créase unha conversa entre o son, o movemento e a luz que emanan dos obxectos. Unha acción-reacción constante entre textos inconexos, canto, sons distorsionados de loop e piano, danza contemporánea e teatro xestual. Todo forma parte da creación desta atmosfera nostálxica, “que ten como fin converter o espectador no voyeur do seu propio mundo íntimo”.

A compañía SÖA é un proxecto de música, danza e teatro. Dende a súa recente creación a súa peza Fogar xa forma parte do Catálogo da Plataforma Iberoamericana de Danza. Tamén participaron no festival Herdanza de danza en Santiago de Compostela. Traballaron nunha residencia artística en Barcelona na Casa del Teatre Nu e na sede da Compañía Nacional de Danza en Matadero. Coa súa segunda peza, Collige,virgo,rosas estarán de intercambio en Lisboa no Teatromosca ( Auditorio municipal António Silva) coa residencia Atopémonos bailando en setembro.


Publicidade

Fogar da Cía Soa
‘Fogar’, da Cía. SÖA

Martín é artista de teatro e circo con formación na Escuela Internacional CAU; Marta licenciouse pola ESAD de Málaga en teatro textual, posteriormente en teatro xestual e actualmente está cursando no conservatorio o grado profesional de Canto Lírico; e Carlota licenciouse en Historia da Arte, posteriormente formouse en teatro xestual e no grao profesional de Danza Contemporánea na escola Espacio en Blanco, e tamén estudou canto cos músicos Eva Frey e Pablo Ferradás.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

20171102 elisaemarcela 39 rrss 1 |

Elisa, Marcela e todas as demais

Teatre Arca. Secretos de un cubo. 1ªmostra MITCFC reducida

’40 anos de teatro’ na MITCFC