in , ,

A 39ª MIT de Ribadavia arranca esta fin de semana

Inaugúrase mañá e desenvolverase ata o 23 de xullo

39 mit ribadavia fuck me marina otero
'Fuck Me', de Marina Otero.

A 39ª Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia inaugúrase mañá, 15 de xullo, ás 20.30 horas, e desenvolverase ata o domingo 23 de xullo. No acto de inauguración, ademais dos espectáculos da arxentina Marina Otero e do multipremiado clown galego Roi Borrallas, tamén se fará entrega do Premio de Honra ao xornalista Luís Álvarez Pousa e ao director de escena Eduardo Alonso. Acontecerá na Alameda, coa asistencia do Director General do INAEM do Goberno de España, o Conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia e diversas personalidades vinculadas á Academia Galega do Teatro e a distintas asociacións teatrais, segundo informan da organización. 

Trátase dunha edición que aposta “polos Premios Revelación e as novas voces escénicas do panorama de todo o Estado”, nunha MIT “de intenso programa, con ata 6 actividades por día, entre as que destacan 8 espectáculos de rúa, varias actividades paralelas e a convivencia entre artistas consolidadas e valores emerxentes e novidosos”. Esta MIT quere “converter a Ribadavia nun rebulir de encontros e emocións arredor de varios escenarios” ao longo dos nove días de programación propia, logo de varias actividades encadradas na PreMIT.

Nesta MIT centrada na memoria, na celebración e no humor, na exploración e na innovación, destaca a presenza de varios Premios Max, como a actriz Alessandra García ou a compañía de recente creación Mujer en Obras; de compañías que atesouran o Premio de Novas Voces da Crítica, como Las Huecas ou o Premio Xuventude Crea, como é o caso da galega Vórtice Escénico.

Esta edición conta con espectáculos sorprendentes na súa composición, como é o caso de If, la ligereza, da madrileña Compañía del Sr. Smith, onde o público vota entre unha serie de vidas alternativas dos personaxes, para elixir cal quere ver representada; “un dos espectáculos máis refrescantes do ano e que se estrea en Galicia, como a maioría dos espectáculos do programa, coa oportunidade única de gozar deles en espazos de gran beleza patrimonial”.


Publicidade

Consulta o programa completo da 39ª MIT

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Il compleanno' de Tieffe Teatro Milano. Foto: Tommaso Le Pera.

‘O aniversário’ de Harold Pinter. Encenação de Peter Stein

'Minuit' de Yoann Bourgeois Art Company. Foto: Géraldine Aresteanu.

‘Minuit’ de Yoann Bourgeois Art Company