in

Encontro de artistas LGBT+

Facer parte do centro

"Encontro de artistas LGBT+". Imaxe de Alberte Bello.
"Encontro de artistas LGBT+". Imaxe de Alberte Bello.

O pasado 19 de agosto celebrouse na Talangreira do Beque, concello de Moaña (Pontevedra), o “Encontro de Artistas LGTB+”, que estivo organizado polo xestor cultural Javier Sánchez, como inicio da xornada da “II edición dos Versos para a Diversidade” promovidos por CODIMO, o colectivo diverso do Morrazo.

Este encontro convidou a artistas LGTB+ de diversos ámbitos, coa idea de partillar experiencias, dificultades, necesidades e atopar puntos de encontro comúns entre creadorxs e as súas obras.

O Rabelo, Nee Barros, Sé Rial, Andrea Nunes, Laura Merchán “Nenaza”, Bea Saiáns, Edu Domínguez “Marinita y sus maromas”, o Colectivo #ChamizoBelloVila e o propio Javier Sánchez “Meiga-I”, e quen asina, participamos nesta edición.

Dentro deste espazo para o diálogo e tamén para a convivencia cadaquén tivo a oportunidade de presentarse e dar a coñecer o seu proxecto, compartindo o proceso creativo e as súas diferentes fases, ou como vivimos a experiencia de ser artistas visiblemente LGTB+, no ámbito cultural galego.

Ser visibles, non só representa ao colectivo LGTB+, ou a unha parte da sociedade, xa que as nosas propostas teñen un valor social, que vai máis alá do activismo. A representación do noso traballo, afonda na liberdade creativa e das persoas. A nosa obra exemplifica unha realidade cultural diversa, que é quen de dialogar coa cidadanía e ofrecerlle máis opcións e outros puntos de vista, que fan que a cultura sexa un exemplo de convivencia e siga tento unha capacidade transformadora dentro da sociedade.

A idea de intercambiar coñecementos, tecer redes de apoio, ou crear sinerxías, estivo moi presente durante todo o encontro, mais tamén se afondou na detección de necesidades concretas a través da análise de protestas e propostas, que xurdiron das dinámicas que fiaron o encontro dentro desta vontade de poñer en común des creadores.

Entre as necesidades e propostas expresadas destacan:


Publicidade

A dificultade de ter espazos específicos, para a creación e a exposición, do mesmo xeito, lugares que tamén sirvan para a convivencia cotiá, para compartir coñecementos e crear comunidade. Tamén hai unha falta de representación real de proxectos culturais LGTB+ en festivais, programacións artísticas e culturais de concellos, en institucións, e dentro do que denominan “industria cultural” galega. Este feito contribúe a fomentar a marxinación, xa que non podemos ser unha cota no eido cultural, só no mes do Orgullo, que é cando se adoitan organizar cousas da comunidade e para a comunidade LGTB+.

Moitas das nosas propostas artísticas quedan relegadas a ser consumidas unicamente pola propia comunidade LGTB+, cando debería ser amosada ao resto da sociedade.

Poder optar a residencias de creación, que promovan a cultura diversa e a súa divulgación, axuda a crear oportunidades de impacto social dos traballos artísticos LGTB+ e a apoderar aos seus artífices.

En conclusión, cando nos visibilizamos facendo propostas artísticas de perspectiva LGTB+, cando intentamos entrar con normalidade aos espazos da “industria”, fáisenos sentir marxe.

Non pode ser que continuemos, a estas alturas, habitando unha marxinalidade obrigada.

O noso traballo ten dereitos e ten que poder facer parte do centro.

Alberte Bello

Alberte Bello

Director de arte, creador e docente. Titulado Superior en Escenografía pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, formándose ademais con profesionais como Carlos Marquerie, Paco Azorín ou Pamela Howard. En 2020 funda o colectivo CMV, onde produce e protagoniza pezas como 'Menu-do día'. Activista LGTBIQ+, colabora coa sección PalcosLGTBIQ+ da Erregueté.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Marcho Bea Campos reducida

A Rúa dos Contos inaugura a 32ª edición do FIOT de Carballo

Deadpan Karaoke

Ibuprofeno Teatro estrea ‘Deadpan Karaoke’ na Estrada