A XXVII edición dos Premios Max das Artes Escénicas vén de desvelar os espectáculos candidatos a optar a un galardón dentro das diferentes categorías que contempla. A candidatura galega vén da man de Vanesa Sotelo e Tito Asorey, que foron seleccionados como finalistas á mellor adaptación ou versión de obra teatral ou coreográfica polo seu traballo na montaxe Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, feita a partir do texto Un inimigo do pobo, de Henrik Ibsen; un espectáculo que xa obtivera sete galardóns na última edición dos Premios de Teatro María Casares convocados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Os Premios Max están organizados pola SGAE a través da Fundación SGAE e este ano celebraranse en Tenerife o 1 de xullo.
Consulta a listaxe completa de finalistas aos Premios Max 2024
- A MITCFC desvela as datas e o programa completo da súa 43ª edición - 09/05/2026
- O FIOT convoca a décima edición do Certame Metro Cadrado - 04/05/2026
- PAM convida a celebrar o Día da Danza - 28/04/2026



