in , ,

O Sete Falares celebra a súa 12ª edición

Este encontro internacional de contadores de historias desenvolverase entre o 2 e o 8 de xuño en Pontevedra

Tres vellas na romaría
'Tres vellas na romaría'.

Sete días de propostas de narración oral. A programación da doceava edición do Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares desenvolverase entre o 2 e o 8 de xuño en diferentes lugares de Pontevedra.

O espectáculo inaugural é Tres vellas na romaría, protagonizado por Celso Fernández Sanmartín, Quico Cadaval e Guti, o domingo 2 de xuño ás 20 horas, no Teatro Principal. O de de clausura será unha semana despois, o domingo 8 de xuño,  ás 21.00 horas, e reunirá gran parte dos contadoras e contadores dos que o público poderá gozar toda a semana. Estes dous espectáculos teñen as entradas á venda. O resto das contadas serán con entrada de balde e libre ata completar cabida, a excepción das catro quendas da Rota de Historias do día 7, que precisan retirada previa de convite na billeteira do Principal a partir das 20.30h. do propio venres.

Celso Fernández Sanmartín, Quico Cadaval, Guti, Atenea García, Dani Blanco, Cándido Pazó, Rodolfo Castro, Cris de Caldas, Dois dos Montes (Vítor Fernandes e Estefânia Surreira) e Ernesto Abad son os nomes que dan forma ao programa do encontro; e o Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos e o CITA serán os escenarios das propostas, aos que se suma por primeira vez o Parador de Pontevedra – Casa do Barón.


Publicidade

Descarga o programa completo do Sete Falares 2024

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carla Antonelli recibe o Premio Samuel Luiz 2024. Imaxe de Nelson Corsino.

O Corufest consolídase como festival LGTBIQ+ de referencia

Participantes nas Segundas Xornadas da Academia Galega de Teatro en Mariñán

Crónica de Mariñán II