Logo de tres meses dende a súa última celebración, os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo de Lugo esta fin de semana. Despois dunha primeira sesión onte, xoves, haberá unha segunda sesión, hoxe, venres, e unha terceira mañá, sábado, con dous pases cada día: un ás 20:30 e outro ás 22:30 horas. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Pódense mercar as entradas en liña e tamén haberá entradas dispoñibles no despacho de billetes en cada un dos pases.
O grupo, que cumpriu once anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan “historias da vida para rir ou chorar”, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa a capacidade do local.
Pezas
- La Cangrena. Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: María Grandío, Elvira Velasco e Anxo Manoel.
- Main Stage. Escribe e dirixe Brais García. Interpretan: Raquel López Cendán, Brian Rodríguez e Brais García.
- Non foi sen tempo. Escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan: Isa Herrero, María Grandío e Elvira Velasco.
- Wonderful World. A leiteira vs. Maslow. Escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan Anxo Manoel, Brian Rodríguez e Isa Herrero.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



