in , , ,

O Festival Atlántica clausura a súa XII edición

Co tradicional ‘Vermú de contos’, un roteiro de Javier Morales e unha función de Cláudia Fonseca para público familiar

Cláudia Fonseca
Cláudia Fonseca. Fonte: FeLiCidade Festival.

A duodécima edición do Festival Atlántica pecha hoxe despois dunha  intensa programación que estivo a espallar esta fin de semana a arte da narración oral por unha ducia de puntos de Galicia e Portugal, e que se suma a todas as actividades xa desenvolvidas dende que arrancou o pasado 1 de xullo. Un total de vinte actividades estanse a desenvolver entre onte e hoxe nos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Ferrol, Palas de Rei, Outes, Alfoz, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Vilalba, Chantada e A Estrada e mais en Pitões das Júnias e Meaus. Contos, música, un roteiro en bicicleta, unha visita guiada ou contos nos árbores son algunhas das actividades programadas.

A clausura festiva deste XII Festival Atlántica será hoxe, co tradicional Vermú de contos, que xunta  artistas e público a redor dun xantar colectivo onde están convidados a compartir historias (na Estrada, lugar de Riobó, a partir das 13 horas).

Esta tarde, aínda fará outra despedida en Meaus, cun roteiro guiado por Javier Morales (17 horas) e unha nova función para público infantil e familiar de Cláudia Fonseca, Contos da terra, ás 18 horas.


Publicidade

O XII Festival Atlántica é posible grazas ao patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña e ao apoio dos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Teo, Alfoz, Caldas de Reis, Dodro, Mugardos, Outes, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Sanxenxo e Vilalba.

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista. Mantén o seu obxectivo de “indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural do Atlántico”, e traballa “a prol da posta en valor dunha arte escénica vinculada ao territorio, antiga pero adaptada aos tempos, e ampara, xera e difunde unha narrativa integradora, igualitaria e sostible”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Portadas Pyka e Amantis erregueté

A MITCFC acolle a presentación do libro coas pezas ‘Amantis’ e ‘Pyka’, publicado pola erregueté

Artús Rei en 'CANCHAL 11. SOBRE' de Ensalle Teatro, Juan Navarro e Terrorismo de Autor. Foto: Diego Seixo.

Có(s)mico e festivo