in , , , , , ,

O programa +Escénicas acepta solicitudes

Os Concellos da provincia poden escoller ata o vindeiro luns actuacións do catálogo da Deputación de Pontevedra

Backstage de Negro López
Backstage de Negro López. Foto: Carlota Mosquera

A Deputación de Pontevedra pecha o vindeiro luns, 16 de setembro, o prazo para que os Concellos soliciten algunha das propostas de +Escénicas, un novo programa da institución provincial destinado a apoiar a programación de danza e teatro en galego nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. A través desta iniciativa, os municipios beneficiarios poden escoller actuacións entre un catálogo de espectáculos de artes escénicas impulsados por compañías e artistas tanto da provincia como do resto de Galicia, un total de 286 propostas divididas nas modalidades de +Teatro (258) e +Danza (28).

Con este novo circuíto provincial, a Deputación busca “dar resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo dende fai máis de 15 anos, ademais de contribuír a impulsar a programación e representación de funcións nos concellos menos poboados, favorecendo o acceso á cultura por parte de todos os públicos”. Cada Concello adherido a +Escénicas recibirá unha achega máxima de 3400 euros, podendo solicitar un máximo de tres espectáculos. O cofinanciamento dependerá do tamaño do concello: ata 5000 habitantes, a Deputación achegará ata un 90 % e o concello unicamente o 10 % restante. A proporción será do 80 % e o 20 % nos municipios de 5.000 a 10.000 habitantes, e do 70 % fronte ao 30 % nos que teñan entre 10.000 e 20.000.

O catálogo de +Escénicas atópase xa dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra. Os Concellos poden elixir entre as propostas recollidas no catálogo e solicitar os espectáculos ata o día 16 de setembro, mentres que as actividades deberán desenvolverse entre o 15 de outubro deste ano e o 31 de marzo de 2025.


Publicidade

Consulta aquí o catálogo completo de +Escénicas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Hamelin de Redrum Foto: Vanessa Rabade

Vigocultura presenta a súa nova programación

Lorena Conde e Pablo Reboleiro

O CDG convoca a selección de 22 intérpretes para a súa tempada 2024/2025