in , , , , ,

Vigocultura presenta a súa nova programación

As entradas para os espectáculos da temporada de outono están á venda dende hoxe

Hamelin de Redrum Foto: Vanessa Rabade
'Hamelin' de Redrum Teatro. Foto: Vanessa Rábade.

O Concello de Vigo vén de desvelar o programa completo da nova temporada de Vigocultura, a súa programación municipal de artes escénicas. Dende hoxe, martes 10 de setembro, están xa á venda as entradas para as 26 funcións, que se desenvolverán entre o vindeiro 27 de setembro e finais de novembro.

Desas 26 funcións, 18 son de obras para público adulto e 8 para público familiar. Os espectáculos de apertura serán a proposta de rúa Ulterior el viaje, de Titirantes Circo Teatro, que percorrerá a rúa do Príncipe, con saída do museo MARCO, e a peza Artilusio, de Markeliñe Teatro, o sábado 28 de setembro, ás 19.00 horas, tamén na contorna do MARCO, que servirán tamén de acto de presentación oficial de toda a temporada.

Despois, os venres e os sábados, a partir das 20.00 horas, o Auditorio Municipal do Concello, na Praza do Rei, acollerá as funcións para público adulto, montaxes de compañías como Sociedad Cervantina; Beginners 2021, A.I.E.; Talycual, Pentación, Lázaro y La Alegría; Amorodio Teatro;  Etiqueta Negra Producciones; Yllana; Antagonista Teatro; Sarabela Teatro; Talía Teatro; Verdeveras Expresións Artísticas; ButacaZero; De Ste Xeito Producións; TropoNonTroppo; Redrum Teatro; Fran Sieira Compañía de Danza; Teatro do Noroeste; e Paula Pier; e os domingos, a partir das 18:00 horas, para público familiar, co traballo das compañías Teatro Paraíso (cun espectáculo de clown), Xarope Tulú (cunha peza de teatro de obxectos e monicreques), Joshua Kenneth (cunha proposta de ilusionismo), Redrum Teatro,  CIA La Sincro (cun traballo de novo circo), Zig Zag Danza (cunha proposta de danza contemporánea para a primeira infancia), Elefante Elegante (cun espectáculo de teatro xestual) e Tropos (cunha obra de teatro de monicreques).


Publicidade

Consulta e descarga aquí a programación completa da temporada de outono de Vigocultura.

As entradas para as funcións do Auditorio poden mercarse dende hoxe de xeito anticipado tanto en liña, en Giglon.com, como presencialmente na libraría Libros para soñar (rúa do Triunfo, 1, Vigo), ou, de haber aínda dispoñibilidade, o propio día das funcións, antes das mesmas.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

33º FIOT reducida

O FIOT de Carballo desvela o programa da súa 33ª edición

Backstage de Negro López

O programa +Escénicas acepta solicitudes