in ,

Código Azul presenta ‘Tolóptica’

A compañía emerxente leva a súa primeira peza á Coruña, logo da súa estrea en Ferrol

Tolóptica Brais e Leo (Marcos Fernández e Martín Espantoso) reducida
Marcos Fernández e Martín Espantoso nunha escena de 'Tolóptica', na súa estrea. Foto de Código Azul.

A compañía de teatro emerxente Código Azul arranca a xira da súa primeira produción, Tolóptica, que estreou o pasado 15 de setembro no Teatro Jofre de Ferrol e que se poderá ver de novo o vindeiro sábado, 21 de setembro, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano da Coruña. O equipo volve levar ao escenario a obra do dramaturgo Ismael Gil Candal, continuando así “unha xira que promete ilusión, talento e paixón pola profesión”.

A obra

Tolóptica preséntase coa seguinte sinopse: “‘Hai algo máis importante cá familia, os amigos ou o amor? Si, e iso é o traballo. Cando o reloxo nunca se detén, pero a vida si’. No congreso anual de vendedores de primeira de Tolóptica, Leo atopase atrapado nun palco superior. Outro rapaz aparece sen seguir os códigos da convención, tentando subirlle os ánimos. Mentres tanto, unha excéntrica presentadora mantén ao público entretido, pero o éxito do congreso non é o que parece…

Con este leitmotiv, Tolóptica explora a percepción contemporánea do traballo como elemento central na sociedade, e como pode chegar a deformar o noso concepto de identidade e realidade. A obra convida ao público a reflexionar sobre as demandas da competitividade, a autoesixencia e a hiperactividade, e os seus efectos na saúde psicolóxica, física e ideolóxica.


Publicidade

A proposta escénica de Código Azul, con humor e unha visión crítica, achega unha análise profunda das dinámicas laborais e das súas consecuencias persoais e sociais. Benvidos ao mundo dos workaholics”.

Tolóptica Eva (Yoli Lorenzo) reducida
Yoli Lorenzo, nunha escena de ‘Tolóptica’. Foto de Código Azul.

O equipo

  • Intérpretes: Martín Espantoso, Marcos Fernández, Yoli Lorenzo
  • Dirección: Xosé Leis
  • Dramaturxia: Ismael Gil Candal
  • Dirección de arte: Naila Rodsúa
  • Produción: Martín Espantoso
  • Agradecementos: Belén Senín

A compañía

Fundada en 2024 por Martín Espantoso, Código Azul nace na Coruña coa intención de “dar visibilidade ás novas xeracións de artistas galegos”. A compañía destaca a súa vontade de ofrecer unha plataforma cultural que aborda problemáticas sociais contemporáneas dende unha perspectiva crítica e irónica. A través do teatro, Código Azul propón unha reflexión sobre valores como a igualdade, a xustiza e a inclusividade, mantendo sempre un compromiso coa verdade e a didáctica.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Habitación Peregrina PRO en Lugo © Miguel Lamas reducida

O Vello Cárcere de Lugo acolle unha nova edición de Habitación Peregrina PRO

Encontro Paraiso 2023 1 reducida

A Illa de San Simón acolle unha nova edición do Encontro Paraíso