O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, acolle hoxe a estra absoluta do espectáculo Oh! Onde deterse a mirar, da compañía AsSircópatas, coproducido polo propio festival. Será a partir das 18:00 horas, no marco do FIOTiño, no Pazo da Cultura, para toda a familia. A peza puido verse tamén o pasado xoves, día 8, nunha función para público escolar dentro do FIOTeen, a xeito de preestrea.
A proposta de AsSircópatas forma parte das liñas específicas do FIOT dedicadas a achegar as artes escénicas aos públicos máis novos e combina circo e música nunha experiencia “pensada para mirar, descubrir e conectar coa escena desde a infancia”.
Sinopse
Nun mundo feito de libros, alguén ordena sen descanso ringleiras perfectas. Un volume, outro, outro máis… Ata que un día, un libro cae e con el derrúbase a orde. Oh! Comeza así unha viaxe inesperada cunha libraría que leva a diferentes universos onde deterse, respirar e recuperar o pracer de mirar sen présa. Un barco varado, unha balea que perdeu a conta de canto leva alí… Entre risas e sorpresas, a música en directo, o circo, a danza, ou o clown abren as portas a un universo poético que se transforma, como un soño.
Ficha artística
Idea orixinal: Dani Blanco
Dirección: Paula Quintas
Actor: Dani Blanco
Músicas en escena e espazo sonoro: Nerea Carpente e Alicia Root
Axudantes de dirección: Arturo Cobas e Antón Coucheiro
Escenografía: Salva Neira
Vestiario: Alicia Root
Deseño de iluminación: Octávio Más
Coprodución: AsSircópatas e FIOT Carballo.
- AsSircópatas estrea ‘Oh! Onde deterse a mirar’ no FIOT - 12/10/2026
- Vigocultura acolle esta fin de semana dúas estreas - 09/10/2026
- Píscore estrea ‘ComedIA’ na Mostra de Teatro de Ribeira - 09/10/2026


