O Festival de Teatro Galego do Carballiño rematou onte coa entrega de premios outorgados polo xurado, composto este ano por Víctor Duplá, María Vázquez e Morris, nunha gala presentada por Laura Villaverde.
A Panadaría recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo por Elisa e Marcela, unha obra que acumula galardóns dende a súa estrea. As compoñentes de A Panadería –Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman– recibiron tamén, ex aequo o Premio á Mellor Intérpretación polo seu traballo neste espectáculo.
Ademais, A vida tola, de Pajarito, recibiu o Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa. Natalia Outeiro “Pajarito” é unha actriz, pallasa e directora galega con máis de 10 anos de experiencia sobre os escenarios, e unha ducia de espectáculos ás súas costas vinculados ás artes do Circo.
Como estaba previsto, o Premio de Honra “Dorotea Bárcena” foille entregado á Marta Pazos, directora de escena, actriz e escenógrafa da compañía Voadora, coa cal leva colleitados numerosos premios que a converten nunha das directoras máis recoñecidas nestes momentos.
O FETEGA rematou así unha edición máis curta do habitual xa que, ao non contar co apoio da Agadic, tivo que reducir a súa duración de cinco a tres días.
- Estrea e homenaxe en Culturgal. A ESPERA DO BALEIRO de Xián Martínez e Companhia de Dança de Almada - 27/11/2026
- Iván Caloto, Fernando Castro Paredes, Carlos Losada e José Luis Baños gañan os premios de literatura dramática da Agadic - 27/11/2026
- ‘Libres!!!’ gaña o Premio do Público da 35ª edición do FIOT - 27/11/2026



