in

Lecturas dramatizadas en Compostela

lecturasgae |
O mércores 8 de novembro ás 21.00 horas no edificio da Fundación SGAE, Cristina Domínguez dirixirá Atrevereime, de Teresa González Costa, e o martes 14 de novembro, no mesmo lugar, Quico Cadaval dirixirá A Arañeira, texto de Raúl Dans.

 

 

Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) colabora coa Fundación SGAE na organización dúas lecturas dramatizadas en Santiago de Compostela dentro do XXI Ciclo de Lecturas Dramatizadas, promovido pola SGAE a nivel estatal e que ten como obxectivo promocionar os autores para a difusión das súas obras, así como apoiar os dramaturgos e estimular a creación. Ambas as dúas lecturas son de acceso gratuíto.

A primeira delas celebrarase o vindeiro mércores 8 de novembro ás 21.00 horas na Sala Germán Coppini da Fundación SGAE (Rúa Salvadas, 2A). O texto escollido para a ocasión é Atrevereime, da dramaturga Teresa González Costa. A directora Cristina Domínguez encargarase da dirección dunha peza interpretada por Marián Bañobre, Ricardo de Barreiro, Victoria Pérez, Davide González e Roberto Leal.

A segunda das Lecturas Dramatizadas centrarase no texto A Arañeira, de Raúl Dans. Quico Cadaval será quen dirixa a sesión na que participarán Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja. A cita será o martes 14 de novembro ás 21,00 horas no mesmo recinto. As entradas para ambas lecturas son de balde.

 


Publicidade

Atrevereime

Atrevereime, escrita por Teresa González Costa, é unha traxicomedia que conta o debate interno de Remedios. Trátase dunha muller con vocación de artista que, non obstante, traballa como funcionaria da Oficina de Queixas, onde a rutina silencia a súa propia voz.

Día: Mércores, 8 de novembro ás 21.00 horas.
Lugar: Sala Germán Coppini, Fundación SGAE (Rúa Salvadas, 2A. Santiago de Compostela)
Dirección: Cristina Domínguez
Intérpretes: Marián Bañobre, Ricardo de Barreiro, Victoria Pérez, Davide González e Roberto Leal.

A arañeira

A Arañeira, de Raúl Dans, trata do que lle acontece a Adela, unha muller que leva aparentemente unha vida plena. De súpeto, unha descoñecida preséntase na súa casa da praia para contar o segredo sobre o que se fundamenta todo o seu mundo.

Día: Martes, 14 de novembro ás 21.00 horas.
Lugar: Sala Germán Coppini. Fundación SGAE (Rúa Salvadas, 2A. Santiago de Compostela)
Dirección: Quico Cadaval
Intérpretes: Vicente Mohedano, Rebeca Montero e María Roja.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

peregrinacion2 |

Peregrinação

nuriaespert |

Incendios, Premio do Público do FIOT 2017