Psicofonías de Marcos Abalde gañou o Premio do Xurado do XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Pola súa vez, o Premio do Público, outorgado polos votos dos ouvintes, foi para Alianzas de Avelina Pérez. As obras gañadoras levan candanseus 3.000 euros de premio.

O programa deu a coñecer onte os gañadores desta edición no que tamén figuraron como finalistas Proxecto Tempo de Clara Gayo e Andrómenas soa moi antigo de Fernando Epelde. Nesta edición, presentáronse 61 orixinais.

O xurado estivo constituído por Carmén Castro –programadora teatral do Concello de Carballo–, Antón Lopo –crítico teatral do Diario Cultural– e Santiago Cortegoso –dramaturgo e director das adaptacións radiofónicas desta edición.

Marcos Abalde xa obtivo ao longo da súa carreira outros premios como o Premio Josep Robrenyo 2008 por Canibalismo, o Premio Álvaro Cunqueiro 2011 por A cegueira (Xerais, 2012) ou o Marqués de Bradomín 2012 por Xudite. Avelina Pérez, pola súa parte, xa gañara, entre outros, o Premio do Público deste certame en 2015, con Non teño espello no baño. Actualmente ten en cartel a obra Os cans non comprenden a Kandinsky. 

As catro obras finalistas serán editadas nun libro ao que acompañará un CD coa adaptación radiofónica dos textos . Será o undécimo volume da colección de Teatro Radiofónico, xa con máis de corenta obras publicadas.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos