A Editorial Galaxia anuncia que comezará o ano María Victoria Moreno por todo o alto, lanzando tres producións teatrais para todos os públicos.
O clásico infantil Leonardo e os fontaneiros, será adaptado por Ubú Teatro, compañía que xa percorrera o pasado ano boa parte das localidade galegas coa súa versión de A galiña azul de Carlos Casares.
Limiar Teatro reformulará escenicamente Anagnórise, a obra máis coñecida da autora e que leva vendidos miles de exemplares no noso país.
Tamén da man de Limiar Teatro levarase á escena a vida da escritora extremeña que un día decidiu falar e escribir en galego.
- Vilagarcía de Arousa acolle o Festaclown - 21/08/2026
- Galeatro estrea ‘Os muíños no camiño’ - 20/08/2026
- Titiriberia celebra a súa undécima edición - 13/08/2026



