in

Convocadas as axudas de AGADIC á distribución e promoción exterior

teatroo |

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dotou con 450.000 euros a nova convocatoria de subvencións ás actividades de distribución para as industrias culturais, que publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A través deste apoio, a Xunta contribúe á exhibición de espectáculos galegos profesionais fóra da nosa Comunidade, así como á promoción exterior dos nosos produtos culturais en mercados e feiras de carácter internacional. A súa finalidade é favorecer a internacionalización das nosas industrias culturais cofinanciando os gastos que asumen as empresas á hora de buscar unha maior proxección do seu traballo e dos seus produtos.

Por exemplo, as axudas de 2017 destináronse a máis de 600 concertos, actuacións escénicas e accións promocionais en 24 países dos cinco continentes, así como en diferentes localidades españolas. Mediante a súa cuarta modalidade, colaborouse ademais coas xiras de diferentes espectáculos escénicos galegos pola nosa Comunidade.

 

Prazo de solicitude


Publicidade

O prazo de solicitude desta convocatoria, inserida dentro do programa xeral de axudas da Agadic ás industrias culturais, esténdese desde mañá e ata o vindeiro 31 de xullo para aquelas actividades desenvolvidas entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018. A súa concesión é automática e realízase por orde de entrada, atendendo todas aquelas solicitudes que reúnan os requisitos esixidos ata finalizar o prazo ou, no seu caso, ata o esgotamento do orzamento de 450.000 euros.

Mantense, como en anos anteriores, a clasificación destas subvencións en catro modalidades. As tres primeiras delas, para as que se reservan 350.000 euros, están dirixidas a accións que se realicen fóra de Galicia (distribución de espectáculos escénicos e musicais, representación de espectáculos de artes escénicas e de música en feiras e festivais, e asistencia a feiras e mercados culturais), mentres que a cuarta destínase a apoiar proxectos de distribución escénica dentro da nosa Comunidade.

Neste último caso, as axudas diríxense a representacións que se desenvolvan en espazos que non pertenzan á Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto cofinaciado pola Agadic e as entidades xestoras de máis de 40 escenarios asociados. Deste xeito, búscase favorecer unha maior descentralización da oferta escénica na nosa Comunidade para chegar ao maior número posible de cidadáns.

As bases poden consultarse neste enlace ao Diario Oficial de Galicia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

galiciaescenapro18 |

Galicia Escena Pro abre a convocatoria para a selección de espectáculos

aleitugaestr |

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este venres a estrea de ‘A leituga’