in

Lalín acolle o Festival Transfronteirizo de Teatro Amador

IMG 20180528 WA0001

Os días 1, 2 e 3 de xuño o Salón Teatro de Lalín acolle o Festival Transfronteirizo de , organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado dentro das actividades anuais da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador que integra a propia FEGATEA xunto coa Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León, a compañía Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/TEIA e a erregueté-Revista Galega de Teatro. Co obxectivo de promover a mobilidade e o intercambio dos colectivos participantes, PLATTA celebra o segundo dos tres encontros  anuais con un programa que inclúe exhibición de espectáculos, mesas de traballo e un obradoiro de lecturas dramatizadas en tres linguas.

O venres 1 de xuño ás 21.00 horas terá lugar a inauguración conxunta do Festival, seguida da actuación da compañía portuguesa Duplaface coa peza As palavras são como Raios X. O espectáculo propón “un exercicio que procura desvelar o universo intimista e escuro que cada persoa trae no interior. Un universo cheo de incertezas e dúbidas que oscilan entre a conformidade e o desespero”.

O sábado 2 de xuño transcorrerá coa celebración en paralelo das mesas de traballo PLATTA e  o obradoiro de lecturas dramatizadas en tres linguas a partir do texto Caixa negra, de (editado no nº74 da Revista Galega de Teatro). Esta segunda xornada  concluirá coa presentación do espectáculo Clownsura, da compañía castelá Terrón Teatro. Clownsura é “unha festa dedicada á paixón polo teatro, percorrendo as vicisitudes ás que un grupo de teatro ten que facer fronte á hora de formarse, crear, ensaiar e representar o seu espectáculo”.

PUBLICIDADE

O domingo 3 de xuño, a xornada comezará ás 12.00 horas na Sala Audiovisual da Biblioteca de Lalín coa representación de Alén, da compañía galega Paso de Valverde. Pensada para toda a familia, Alén é un espectáculo protagonizado por Chuquiño: un rapaz galego que decide marchar á procura do seu tío explorador e quen, despois de perderse polo camiño, viaxa a través do mundo coñecendo países lonxanos e culturas diferentes. A continuación, o programa continuará ás 13.00 horas no Salón Teatro coa presentación do resultado do obradoiro de lecturas dramatizadas en galego, castelán e portugués.

Premio Fegatea

O Premio Fegatea á Animación Teatral é un recoñecemento ao labor a prol do teatro dunha persoa, colectivo ou entidade. Este ano, o Premio recaeu na ESAD de Galicia pola súa continuada e destacada colaboración coa Federación e co teatro amador en xeral. O acto de entrega terá lugar o sábado 2 de xuño.

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    backstage2

    Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic

    MostraCangas18

    A Mostra de Cangas celebra o seu 35 aniversario