in ,

A Mostra de Cangas inaugura unha antolóxica de María Mazás

Cartaz Maria Mazas |

Este venres 15 de xuño inaugúrase na sala de exposicións do Auditorio de Cangas a exposición antolóxica da obra da artista María Mazás (A Coruña, 1960-2017). A exposición enmárcase dentro do programa da XXXV Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas que neste ano conta cun cartaz inspirado en “Love Duet”, obra da artista.

A exposición, que será inaugurada polo alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, poderá verse desde o venres 15 de xuño até o 8 de xullo, coincidindo co remate da Mostra. O público poderá apreciar unha coidada escolma do traballo realizado entre os anos 2005 e 2015 composta por de óleos sobre tea, madeira, papel, encáustica, collage, tintas e algunhas esculturas.

Pintora, escultora, poeta, deseñadora de sombreiros, artista plástica e bailarina, Mazás é un exemplo de artista disciplinar. Aínda que provén do mundo da danza clásica en 1987 mudou o seu rumbo creativo e empezou a dedicarse á sombreiraría como arte. Algunhas das súas pezas puideron versen, en distintas ocasións, nas pasarelas de Cibeles e Gaudí.

Publicidade

“Love Duet” é a obra que inspira o cartel 2018 da Mostra e que parte do ballet Groosland, creado en 1989 para o Dutch National Ballet de Amsterdam pola coreógrafa Maguy Marin. O tamén artista e deseñador moañés Diego Seixo foi o encargado de versionar a peza de María Mazás para convertela no cartel anunciador e a liña gráfica da Mostra 2018.

Mazás foi una artista autodidacta que se definiu a partir dunha constante xeira de investigación. Tras pasar tres anos en Alemaña, investigando sobre a súa nova profesión, instalouse en Barcelona en 1991. Ademais, participou en diversas montaxes teatrais e en máis de trinta exposicións en cidades como Friburgo, Roma, Venecia e París.

Despois de 17 anos dedicándose á sombreiraría, María Mazás retomou a súa carreira como pintora, inspirada na tradición xaponesa da caligrafía e a pintura sumi-e, que combinou co seu interese pola pintura expresionista para desenvolver unha obra de profunda espiritualidade.

Creadora e artista, Mazás realizou a súa última exposición na súa cidade natal, apenas 16 meses antes da súa morte. Nesa ocasión mostrou óleos, collages e esculturas con materiais de refugallo que cobraban una nova vida e significado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MetodoNegroGEP@SaraRoca |

Notas dende Galicia Escena Pro 2018: día 3

A 34ª Mostra de Ribadavia aposta por un programa marcado pola comedia musical e as linguaxes híbridas