in

Irmandade a prol do humor entre a Mostra de Teatro de Cangas e o Singlot Festival de Girona

Singlot18 |

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e o Singlot Festival de Sant Feliu de Guixols (Girona) unen as súas forzas en favor da defensa de humor e a liberdade creativa. Ambos os dous festivais de teatro veñen de firmar un manifesto conxunto no que resaltan a importancia do humor como ferramenta capaz de “cruzar obstáculos e fronteiras, romper moldes e unir persoas, países e culturas”.

O Singlot Festival, que este ano celebra a súa cuarta edición, é un festival creado e producido por El Terrat e TheProject dentro do Festival Porta Ferrada que en 2018 chega á súa 56 edición. Singlot Festival é un selo de espectáculos de humor y entretemento dentro da programación xeral do Porta Ferrada, que inclúe todas as disciplinas artísticas, sendo a música un dos seus principais referentes.

Singlot é unha proposta artística que naceu en 2015 ideada polo seu director, o xornalista, presentador e humorista Andreu Buenafuente, co obxectivo de unir a espectadores e profesionais das artes escénicas en torno á comedia.

Publicidade

O festival de Sant Feliu de Guixols arrancou onte a súa cuarta edición. Na inauguración oficial, o propio Andreu Buenafuente fixo mención a esta irmandade e hoxe mesmo lerá o manifestó conxunto coa MITCFC entro das súas Xornadas Profesionais. Pola súa banda, a directora artística da Mostra, María Armesto, lerá hoxe venres o manifesto antes de comezar PlayOff, a obra de María Buchaca programada pola noite no Auditorio Municipal de Cangas.

Singlot e Mostra sinalan que o humor “fai a forza e combate a gargalladas o ridículo intento de lexislar a ficción e golpear a libertade de expresión en pleno século XXI”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

NomadesXaropeTulu |

Nómades

PlayOff1 |

Marta Buchaca: “A comicidade nas miñas obras sempre parte da cotidianeidade”