in , ,

Hoxe comeza o FIOT en Carballo

Emportats

Hoxe arranca o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), e faino cunha celebración moi especial: a Rúa dos Contos, o ciclo máis irreverente do festival, cumpre 20 anos baixo o lema “Noites de Rúa Chea”. A Rúa dos Contos constitúe un referente en Galicia para os monologuistas, tanto para os que inician a súa traxectoria como para os que buscan a súa consagración.

A primeira actuación na Rúa dos Contos terá lugar na Cafetería Colón, prevista ás 10:00, con Avelino González e o seu espectáculo Contos de contrabando. Continuará a media noite, no Mesón do Pulpo, con Marcos Pereiro e o seu monólogo Cómo ser armario empotrado. A programación de Rúa dos Contos estenderase ao longo de toda a fin de semana.

Esta primeira fin de semana, concretamente o domingo, representarase no Pazo da Cultura un dos espectáculos máis esperados polo público: Somos criminais (20:30), con e Xosé A. Touriñán, dous cómicos que están a bater marcas de espectadores con esta proposta escénica: en Carballo as entradas esgotáronse en menos de dúas horas.

PUBLICIDADE

 

Igualdade, ocio e millennials

O FIOT27, que ofrece 41 espectáculos, xira en torno a tres eixos conceptuais: a igualdade, o ocio e a conexión cos mozos. O festival arranca mañá co grupo galego Pulpiño Viascón, que percorrerá as rúas de Carballo para anunciar o espectáculo de apertura, “La Musicleta”, un pasarrúas para todos os públicos (19:00).

PUBLICIDADE

Tamén mañá venres, o FIOT programa, ás 20:30, na Praza do Concello de Carballo, a actuación do grupo valenciano , que porá en escena o espectáculo para todos os públicos “Emportats” (en caso de que chova a representación realizarase no segundo piso do mercado municipal). A compañía presenta un espectáculo de acrobacias, malabares, música e humor.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Viajeaunpaisde

    O Festival Galicreques contará con tres estreas absolutas

    Docampo02

    Edicións Positivas publica ‘Polos camiños do tempo’ na súa colección DiTeatro