in

Edicións Positivas publica ‘Polos camiños do tempo’ na súa colección DiTeatro

Docampo02

Polos camiños do tempo de Gustavo Docampo é unha peza de teatro para ser interpretada pola rúa. Dálle voz a personaxes históricos do Barco e de Viloira e conta algunhas das historias das que foron protagonistas. A edición do libro, que sairá de imprenta o 5 de outubro, conta coa colaboración do Concello do Barco e da .

A través de sete escenas e co río como fío condutor, coma se dun personaxe máis se tratase, o autor propón unha viaxe por episodios reais ou imaxinados da historia local. Pola obra pasan as lendas e a alma popular apegada ás tradicións, as diferenzas sociais e as disputas políticas, o caciquismo, a corrupción, o agromar do capitalismo e a empresa moderna, o espírito científico, o pensamento libre, a música popular ou a literatura. Todo iso e moito máis nas voces de homes e mulleres que pasaron á historia por unha ou outra razón, circunstancia que o lector poderá axuizar se sente curiosidade e quere facelo.

O libro, de 70 páxinas, inclúe sete ilustracións de Mauro Docampo Gacio nas que sintetiza cada unha das escenas , caracteriza os personaxes e sitúaos no contexto da representación con grande expresividade e sentido do humor. Na capa reprodúcese unha fotografía anónima de 1889 da ponte de San Fernando en construción, unha das historias ás que se alude no texto.

PUBLICIDADE

Polos camiños do tempo será o cuarto título da colección DiTeatro de Positivas, unha aposta da editorial compostelá para a difusión dos textos teatrais, como invitación ao público para que lea o texto tras velo representado.

A peza foi representada por Gargallada Teatro, nos lugares para os que foi creada, os días 8 e 15 de setembro de 2017 e 16 de setembro de 2018, baixo a dirección de José Luís García Alejandre “Alex” e coa produción do Concello do Barco de Valdeorras.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Emportats

    Hoxe comeza o FIOT en Carballo

    OInspector02

    Sete compañías na Mostra de Teatro Amador do Carballiño