in ,

Sete compañías na Mostra de Teatro Amador do Carballiño

OInspector02 |

Seis obras e unha máis fóra do certame, conforman o programa da XI Mostra de Teatro Amador, que organiza o grupo de Teatro Tiruleque, e que se desenvolverá os sábados e domingos entre o 7 de outubro e o 4 de novembro no auditorio Manuel María do Carballiño. Trátase de seis comedias e un drama, que foron elixidos polo xurado da mostra entre vintecinco propostas recibidas.

Por primeira vez, esta mostra de teatro instaura un Premio do Público que elixirá a mellor obra e que terá unha dotación de 500 euros. Igualmente, os integrantes de Tiruleque designarán a mellor obra (que pode coincidir ou non coa do público), e que terá como premio acudir á duodécima edición do festival.

Todas as obras darán comezo ás 19:00 e o prezo para cada función será de 3 euros.

 


Publicidade

Programa

  • 7 de outubro: DITIRAMBO TEATRO (Montrove-Oleiros) con Anónima 18.
  • 20 de outubro: O CATRE TEATRO (As Pontes) coa comedia O medo meu.
  • 21 de outubro: GARGALLADA TEATRO (O Barco) con  O xogo de Versalles.
  • 27 de outubro: A.C. FAÍSCAS (Arteixo) con Un fiambre, unha rosca e un cancán.
  • 28 de outubro: TEATRO MUXICAS (Ourense) con O inspector.
  • 3 de novembro: O TRASNO TEATRO (Comesaña-Vigo) con En venda.
  • 4 de novembro: Grupo invitado MARTABELAS (Recesende-Teo) con  A cousa de Bernarda Alba.

 

Imaxe: O inspector de Teatro Muxicas. Foto de Lucía Estévez.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Docampo02 |

Edicións Positivas publica ‘Polos camiños do tempo’ na súa colección DiTeatro

ServidorDousAmosTalia |

O servidor de dous amos