PUBLICIDADE

O vindeiro mércores, día 31 de outubro, as nove da noite, a compañía madrileña Lazona estreará en Galicia a obra La Valentía. Será no Pazo da Cultura de Carballo.

 

La Valentía poñerá fin a esta edición do FIOT. Unha edición na que o público puido gozar con corenta e un espectáculos, dos que doce foron estreas en Galicia e tres estreos absolutos.

A obra do mércores será unha comedia tola que reúne todos os ingredientes para que sexa esmendrellante: enredos, misterios, portas, sustos, equívocos, sorpresas, casa encantada, situacións rocambolescas, disparates, ritmo endiañado e ata fantasmas. E por suposto un elenco de actores formidables que dan vida a seis extravagantes personaxes que deben afrontar os seus medos, superar o paraíso perdido e as herdanzas do pasado que nos lastran. “Realizar os cambios necesarios para avanzar a un proxecto de futuro require valentía”, subliña o director da obra.

Alfredo Sanzol, o autor e director, é un dramaturgo consagrado, con xa catro Max ao mellor autor, Premio Nacional de Literatura Dramática 2017 e Premio Valle Inclán, precisamente por unha obra coa xa estivo na anterior edición do Fiot, La ternura.

Os intérpretes de La Valentía son Jesús Barranco, Francesco Carril, Inma Cuevas, Estefanía de los Santos, Font García e Natalia Huarte.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos