in

Escena Galega organiza as súas Xornadas Profesionais no Culturgal

Culturgal |

Como todos os anos, Escena Galega organiza unha xornadas profesionais no marco do Culturgal. As xornadas desenvolveranse o venres 30 de novembro, no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, desta volta baixo o título Unha escena galega para o futuro: na busca de novos modelos e sinerxias para a xestión e creación nas artes escénicas.

As xornadas constarán de 2 bloques: na xornada de mañá falarase de modelos de axudas públicas para as artes escénicas. Dentro deste bloque, Jacobo Sutil, director da Agadic, presentará a convocatoria 2019 das axudas deste organismo para, a continuación, debater sobre proxectos / espazos para a creación e residencia con distintos proxectos e modelos de xestión en España e Portugal.

No segundo bloque, xa pola tarde, haberá unha mesa redonda intersectorial para coñecer mellor aos outros sectores da cultura galega a través das súas respectivas asociacións profesionais, co obxectivo de buscar alianzas, estratexias e puntos en común.

 

O programa das xornadas será o seguinte:

De 10.00 a 10.15. Benvida aos / ás profesionais asistentes.

De 10.15 a 10.30. Inauguración das xornadas. Jacobo Sutil (director da AGADIC), Víctor López (presidente da Asociación CULTURGAL) e Belén Pichel (presidenta de ESCENA GALEGA).

 

BLOQUE 1 (MAÑÁ)

ESTRUTURAS DE APOIO Á CREACIÓN E CONTINUIDADE DOS PROXECTOS ESCÉNICOS.

De 10.30 a 12.30. Abrindo portas: distintos modelos nas artes escénicas para a creación, exhibición e residencia.

Interveñen: Ricardo Simões (director artístico do Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, compañía residente no Teatro Municipal Sá de Miranda de Viana do Castelo), Amaia Ibáñez (xerente de Eskena e responsable do centro de creación escénica Harrobia Eskena de Bilbao), Manel Rodríguez (director da fábrica de creación das artes ao vivo L’Estruch de Sabadell) e Caterina Varela (promotora dende o Colectivo rpm do programa de Residencias PARAISO).


Publicidade

Modera: Diego V. Meizoso (xerente de Escena Galega).

De 12.30 a 13.00. Pausa café.

De 13.00 a 14.30. Visión a medio e longo prazo: as axudas públicas como favorecedoras da continuidade nos proxectos escénicos.

Interveñen: Jacobo Sutil (director da AGADIC, presenta o novo modelo de axudas ás artes escénicas para a convocatoria 2019), Uxío Novo (consultor e xestor cultural, presenta as axudas europeas Europa Creativa e Erasmus K2 e as súas posibilidades para compañías de artes escénicas) e Xavier Marcé (ex-director do Institut Català de les Empreses Culturals e asesor cultural no Ajuntament de Barcelona, presenta o modelo catalán de axudas ás artes escénicas).

Modera: Belén Pichel (presidenta de Escena Galega).

De 14.30 a 16.00. Xantar compartido para relatores/as e compañías asociadas a Escena Galega no (restaurante do Pazo da Cultura)

 

BLOQUE 2 (TARDE)

MESA REDONDA INTERSECTORIAL: ENTRE NÓS, CARA ONDE CAMIÑA O SECTOR CULTURAL GALEGO?

De 16.00 a 18.00. Mesa redonda con Mercedes Castro (Vicepresidenta de ESCENA GALEGA-Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), Henrique Alvarellos (Vicepresidente de AGE- Asociación Galega de Editoras), Dolores Ben (Presidenta de AGAPI), Javier Prado (Vogal da Xunta Directiva de MÚSICAS AO VIVO), Iria Vázquez (Vicepresidenta de A COLECTIVA-Asociación Profesional de Artistas de Galicia) e Emi Candal (representante da AGPXC-Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

solodos32 |

Comeza o III SóLODOS en Danza en Ourense

ChevereMacara |

Chévere toma os escaparates de Ferrol contra a violencia machista