in

A sala Ingrávida convoca Sumidoiros 2018 para persoas en formación e compañías emerxentes

sumidoiros2 |

A sala Ingrávida do Porriño ten aberto o prazo para presentarse ao certame Sumidoiros 2018. O Sumidoiros é un certame para persoas en formación teatral ou compañías emerxentes no que se pretende poñer en valor os traballos teatrais en risco de rematar nos sumidoiros culturais.

 

Condicións do certame:

Publicidade
  • De todos os traballos presentados, a dirección da Sala Ingrávida fará unha selección que se representarán na sala os días 18 e 19 de Xaneiro de 2019.
  • Das propostas que se representen, o público votará a gañadora do Sumidoiros
  • Á gañadora do Sumidoiros terá unha residencia na Sala Ingrávida coa presentación do resultado da residencia na vindeira tempada.

Para a presentación:

  • Ter máis de 18 anos
  • Enviar a ficha de presentación cuberta antes da data límite.
  • Só un traballo por alumna/o e/ou compañía.
  • Duración mínima 20 minutos, máxima 50 minutos.
  • Ter dispoñibilidade para representar os días 18 e 19 de Xaneiro do 2019.
  • Adxuntar unha ou dúas fotos con boa calidade
  • Vídeo do traballo.

A presentación de traballos e máis info en [email protected] antes do 12 de xaneiro de 2019 ás 23:59.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

LouraçoAEsperadeBeckett |

Jorge Louraço evoca a Beckett no Teatro Carlos Alberto do Porto

ProxectoPank03 |

O programa de residencias do CDG acolle a Proxecto Pank con Funboa Escénica