Certame ‘Sumidoiros’ na sala Ingrávida

Sumidoiros é un certame que organiza a Sala Ingrávida do Porriño e que pretende visibilar traballos emerxentes dentro das especialidades da Dirección de Escena e a Dramaturxia.

Hoxe e mañá, 6 propostas finalistas presentaranse ante o público na sala: a proposta gañadora, escollida por un xurado que formará o público de ingrávida e un xurado especializado na dirección de escena e na dramaturxia, gañará unha residencia artística na Sala Ingrávida.

 

Participantes

Venres 21:30

Cristina Balboa: O que segue
Rubén Pérez Pombo: Frío: somos inuit?
Artrose Teatro: Que Dios Reparta Fuerte

Sábado 21:30

Bernarda: Oops! I did it again
A.D.D.C: Retrovertida
Pornós teatro: FARTS, arte con maiúsculas

 

As obras

Proxecto Pank
O que segue é unha pregunta que tentarei responder de moitas maneiras ata que me dea de conta que non se pode. Pretende ser una peza maravillosa, un bo espectáculo, deses que os ves e flipas en cores. Durante os procesos veñenme á cabeza un montón de imáxes de éxito, recollendo premios, comendo en sitios con menú degustación, ríndome e explicando a todo o mundo o secreto do meu éxito. Logo no real pretendo ser modesta. Esas ensoñacións non son malas porque fan que busque o nunca visto, a idea perfecta, e as veces pasa, así que hai que seguir intentándoo.

Frio: Somos Inuit?
Mar e Mediterráneo. Somos fillas. Calamos. Miramos. Somos estadísticas. Permitimos que as nosas nais morran no Mar. A quen lle interesa esta ruleta? Somos números 1, 2, 3… Somos marxinación… Subimos e volvemos caer. Infinitamente tráxicos. Somos frío. Conxelados. Afogados. Somos Inuits?

Que dios reparta fuerte
A forza cae sobre nós coma unha bendición grazas á crenza propia en nós mesmos.

Oops! I did it again
Oops! I did it again é unha reflexión sobre as apariencias, a ficción e a realidade, a liberdade e a sexualidade. Que queda de nós sen todos eses filtros que marcan a nosa apariencia física, os nosos ideais, as nosas costumes e incluso a nosa moral? Que é o que acontece cando deixamos de levar o mando para que o mando nos manexe a nós? Consolo, consola ou consolador?

Retrovertida
Un tanga! Que sexi.
Un exército de tangas! Que escravitude.
Mirámonos no espello pero só vemos o que queremos ver. Detrás do espello hai monstros. Dámonos contra a parede unha e outra vez.
A soidade durmida, obstruída, é incapaz de avanzar ou retroceder.

FARTS, arte con maiúsculas
Gustaríame ser coma esa tediosa, histérica, victimista, endogámica, mamarracha, decadente, xente de artes… esas fumadoras de tabaco de liar ás que lles encanta verse retratadas na descrición que outras artistas fan delas, marturabadoras emocionais… XENTE DE ARTES CON MAIÚSCULAS… á que eu admiro.

Deixar unha resposta