in

A Deputación de Lugo duplicará o seu apoio ao teatro profesional

DeputaciónLugo |
Haberá unha xuntanza de traballo, para presentar o programa PROSCENIO. Son as novas axudas directas que ofrece o Goberno da Deputación ao teatro profesional da provincia que este ano chega ata os 50.000 euros.

 

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, avanzou que vai manter unha xuntanza de traballo, o mércores día 27 ás 13:00 horas no CENTRAD, para presentar o programa PROSCENIO, que este ano celebra a súa segunda edición. Son as novas axudas directas que ofrece o Goberno da Deputación ao teatro profesional da provincia que este ano chega ata os 50.000 euros, duplicando o seu investimento con respecto ao ano pasado. Está dirixido as compañías profesionais de teatro de carácter privado e con domicilio fiscal na provincia de Lugo.

Nesta xuntanza están convocados os Concelleiros de Cultura e técnicos municipais da provincia implicados nesta programación, así como as asociacións e entidades co fin de poñer en común todas as iniciativas das diferentes compañías lucenses que participan neste proxecto.


Publicidade

García Porto informou que, unha vez que se publique no BOP nos vindeiros días, todos os axentes interesados, tanto Concellos, así como as Asociacións e as compañías de teatro, teñen de prazo 15 días naturais para presentar toda a documentación necesaria para participar neste proxecto. Ademais na web da Deputación, http://www.deputacionlugo.gal, haberá un banner con toda a información a complementar sobre esta convocatoria.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AsYouLikeItFrancisHayman |

Laiovento publica dúas comedias de Shakespeare

Tolitates |

Comeza o Titerentroido de Lalín