in

Xa á venda as entradas dos espectáculos do Festival Atlántica

Atlantica01 |

Xa é posible mercar as entradas dos espectáculos de pago do Festival Atlántica 2019. Os interesados en asistir á Gala Inaugural ou de Clausura, poden adquirir as súas entradas a un prezo de 14 euros na web da ABANCA e tamén na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18 a 21 horas e o mesmo día da función. O resto dos espectáculos de pago teñen un custo de 6 euros e pódense adquirir nos lugares do evento unha hora antes do comezo da función.

A Gala Inaugural deste ano vai ser o mércores 13 de marzo, ás 21 horas, no Teatro Principal. Nesta ocasión o programa incluirá as intervencións da agrupación musical Leilía, que celebra trinta anos de actividade, e dos narradores galegos María da Pontragha, Soledad Felloza, Celso F. Sanmartín e Quico Cadaval, responsable tamén da dirección escénica do espectáculo.

No referente á Gala de Clausura, vaise celebrar o sábado 16 de marzo, tamén no Teatro Principal, a partir das 21 horas. Desta volta, os artistas Pep Bruno, de Guadalaxara, e José Luis Gutiérrez ‘Guti’, de Zamora, serán os responsables de poñer o peche o encontro con sendas sesións de historias: Vellos contos de novo e Contos das mulleres do Oeste, respectivamente.

 

Funcións nos locais e rúas

Outras citas do Festival Atlántica para as que cómpre adquirir entrada van ser Por unha peseta, do dúo Apatacón formado por Vero Rilo e Faia Díaz (martes 12 de marzo, Borriquita de Belem, 21:00, venda no local) e os contos nas rúas, todas elas cun custo de 6 euros. No caso dos últimos, para asistir é preciso inscribirse previamente a través do correo [email protected].


Publicidade

A primeira sesión de contos nas rúas será o xoves 14 de marzo, ás 18.30 horas, co xornalista e escritor gastronómico Miguel Vila e levará por título Cunqueiro en Compostela. Nesta ocasión as historias vanse contar diante de tabernas e recunchos emblemáticos da obra de Cunqueiro. A segunda sesión será o venres 15, ás 18 horas, na compañía de Carmela Sánchez Arines, historiadora da arte e intérprete do patrimonio, quen brindará unha actividade titulada Morte en Compostela. Antigos recintos funerarios.

 

Programación de balde

No que respecta ao resto da programación desta VII edición do Festival Atlánticas, vai ter carácter gratuíto e non require reserva a excepción do espectáculo ‘Bebecontos’ de Laura Escuela no Centro Cívico Santa Marta (16 de marzo, 18 h, Sala Magán). Nesta función cómpre retirar as invitacións gratuítas por adiantado no propio centro a partir do día 6 de marzo.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Villalta PalabradeMuller |

Xornada de homenaxe a Luísa Villalta

ResidenciasParaiso19 |

Xa se coñecen os proxectos seleccionados para as Residencias Paraíso 2019