in

Xornada de homenaxe a Luísa Villalta

Villalta PalabradeMuller |

O auditorio do pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, acolle hoxe en Santiago, a partir das 16:30, unha xornada titulada Palabra de muller para falar da figura da escritora, filóloga e violinista Luísa Villalta, coincidindo co 15º cabodano do seu pasamento.

Despois dun introito a cargo do Grupo Vocal EntrElas e a violinista Paloma Diago Busto a xornada inaugurarase coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a nai e a irmá da escritora homenaxeada, María Gómez Castro e Susana Villalta Gómez; e o coordinador científico do centro, Manuel González González.

O contido central da xornada será unha mesa redonda titulada “Luísa Villalta, creadora integral”. Nela participarán Estíbaliz Espinosa (“Luísa Villalta, poeta”), Inma Otero Varela (“Luísa Villalta, narradora e ensaísta”); Inma López Silva (“Luísa Villalta, dramaturga”) e Miriam Ferradáns (“A pegada de Luísa Villalta nas novas xeracións literarias”), moderadas por Armando Requeixo, que coordina a xornada.


Publicidade

A seguir, haberá unha recitación e lectura de textos de Luísa Villalta a cargo das mesmas integrantes da mesa redonda e das bolseiras do Centro Ramón Piñeiro: Belén Bouzas, Ana Bravo, Raúl Costas, Marina Garzón, Laura Gil, Ánxela Lema, Belén Poutón, Sonia Rico, Lara Rozados e Sara Villar.

Luísa Villalta é autora de cinco pezas teatrais: Concerto para un home só publicada en 1989 nos “Cadernos da Escola Dramática Galega”; O representante, publicada en 1990 e O paseo das esfinxes, do ano 1991, ambas editadas tamén polos “Cadernos Escola Dramática Galega”; Os doces anos da guerra, obra publicada pola erregueté | Revista Galega de Teatro no ano 2001; e finalmente, As certezas de Ofelia, publicada por CasaHamlet en 1999. O ano pasado presentouse un volume publicado por Edicións Proscritas que recollía a súa obra dramática completa.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MartaPazos |

Marta Pazos debuta na ópera con ‘Je suis narcissiste’

Atlantica01 |

Xa á venda as entradas dos espectáculos do Festival Atlántica