in

Novas sesións de Microefectos Dramatúrxicos no Clavicémbalo de Lugo

Microefectos04 |

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clube Clavicémbalo o xoves en pases de 20:30 e 22:30 e o venres en pases de 22:30 e 00:30. Debido a que a sesión do venres coincide cos actos da folga feminista atrásanse os pases dese mesmo día para facilitar a asistencia tanto á manifestación da tarde-noite coma ao Clavi.

Microefectos Dramatúrxicos pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.


Publicidade

As pezas que se representarán esta semana son:

  • Bolas máxicas. Escribe e dirixe Conchi Madrina. Interpretan: Conchi Madrina e Anxo Manoel.
  • Lupus. Escriben e dirixen Isa Herrero e Anxo Manoel. Interpretan: Anxo Manoel, Isa Herrero e Brian Rodríguez.
  • O móbil definitivo. Escribe e dirixe Rubén Pérez. Interpretan: Rafael de la Fuente e Raquel López.
  • Debate electoral a la luz del pentotal. Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Isa Herrero, Raquel López, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Teatrofilia2019a |

Teatrofilia. XVI Mostra de Teatro Amador de Vedra

Gesamtkunstwerk |

“A obra de arte total” na Fundación Barrié da Coruña