in ,

Teatrofilia. XVI Mostra de Teatro Amador de Vedra

Teatrofilia2019a |

Do 22 de marzo ao 13 de abril, Teatrofilia 2019 converterá Vedra na capital do teatro amador galego cun total de 15 espectáculos que configuran un programa diverso e integrador, onde se atopan propostas dos máis variados xéneros e disciplinas (comedia, drama, danza, circo, clown…), concibidas para todos os públicos.

As compañías galegas (novas e veteranas) son as auténticas protagonistas desta XVI edición pero, un ano máis, A Mostra recibe formacións chegadas de fóra: nesta ocasión, Teatro de Balugas (Portugal) e a Compagnia Teatrale Trebisonda Como (Italia).

Ademais, coma todos os anos, grazas á colaboración do Concello de Vedra e a área de Cultura da Deputación da Coruña contaremos coa presenza dunha compañía profesional. Desta volta será a Cía. Sincronacidas que nos presentará o seu espectáculo Oh!Limpiadas, recente gañador do Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa no FETEN (Feria de Teatro Para Niños y Niñas) de Xixón.

O próximo venres 22 de marzo a compañía Trémola Teatro abrirá TEATROFILIA 2019 con Se pechas os ollos, unha peza de teatro contemporáneo que fala sobre a violencia de xénero e que foi premiada no certame Xuventude Crea. Ese mesmo día farase entrega do premio do concurso de carteis á ilustradora Olaya Naveira, autora da imaxe desta edición.

Podedes consultar o programa de Teatrofilia 2019 no cartel:


Publicidade

 

 

Teatrofilia2019 |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ResidenciasParaiso19 |

Xa se coñecen os proxectos seleccionados para as Residencias Paraíso 2019

Microefectos04 |

Novas sesións de Microefectos Dramatúrxicos no Clavicémbalo de Lugo