Os Náufragos Teatro estrea ‘Karelu’ na Coruña

A compañía Os Náufragos Teatro estrea este sábado 13 de abril, ás 20:30, no teatro Rosalía de Castro da Coruña, a súa nova montaxe, Karelu, de Gustavo del Río e Ismael Gil Candal.

Os Náufragos Teatro continúa o traballo de anteriores montaxes colaborando cun equipo artístico estable que lles acompaña dende os seus comezos como compañía madrileña de artistas galegos, ademais de continuar con postas en escea que definen a estética e a ética da compañía. Desde o deseño de luces de Esther Aja ata a escenografía de Marisa Delaiglesia.

No equipo encóntrase Denis Gómez e Gustavo del Río, dous valores fixos da compañía. Os Náufragos aposta por novas incorporacións como Santi Cuquejo, actor galego en alza, que interpreta o irmán da ficción; xunto co propio Denis Gómez dánlles vida aos dous protagonistas de Karelu.

A obra conta, ademáis, con Ismael G. Canal, dramaturgo novo licenciado pola RESAD e con Miguel Arthus, compositor, músico e docente.

Karelu sitúanos no conflito sobre un feito. O fillo de Martín ten un Karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, necesita aclarar con el o que pasou: a partir de aí comeza unha viaxe ao pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida polos seus pais. Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual.

 

Ficha

Autores: Gustavo del Río e Ismael Gil Candal
Dirección: Gustavo del Río
Intérpretes: Denis Gómez e Santi Cuquejo

 

Deixar unha resposta