in

Afundación presenta a súa tempada de outono en Vigo

LaStradaMarioGas |

Afundación,  presentou a súa Tempada de Teatro de outubro a decembro en Vigo. Serán cinco obras nas que salientan nomes como os dos directores Mario Gas ou José Carlos Plaza e de actrices como María Adánez e Charo López.

O 11 de outubro comezará a tempada con Divinas palabras, unha peza de Valle-Inclán dirixida por José Carlos Plaza e coa interpretación de María Adánez e Charo López.

Continuará o día 20 de outubro con La strada, a versión para teatro do clásico de Fellini dirixida por Mario Gas e cun elenco conformado por Alfonso Lara, Mar Ulldemolins e Alberto Iglesias.

Tras o éxito da adaptación realizada por Álex de la Iglesia, chega a versión teatral de Perfectos desconocidos, dirixida por Daniel Guzmán e á que darán vida Alicia Borrachero, Antonio Pagudo, Fernando Soto, Elena Ballesteros, Jaime Zataraín, Ismael Fritschi e Inge Martín. Será o 14 de novembro.


Publicidade

O 8 de decembro será a representación de Toc toc, de Laurent Baffie coa dirección de Esteve Ferrer, unha produción que leva en cartel dez tempadas. Conta cun elenco conformado por Carmen Arévalo, Esteve Ferrer, Laura Hernando, Sara Moros, Paco Obregón, Fran Sariego e Ana Trinidad.

Finalmente o 19 de decembro pecharase a tempada coa adaptación teatral de Muerte en el Nilo, de Agatha Christie, unha versión con música en directo dirixida por Víctor Conde e coa interpretación de Adriana Torrebejano, Pablo Puyol, Cisco Lara, Ana Rujas, Ana Escribano, Miquel García, Sergio Blanco, Lorena de Orte, Paula Moncada e Dídac Flores.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

SteFalares2019 |

O festival Sete Falares volve a Pontevedra

MolieresGiletsJaunes |

Rolda Internacional: 27 / 05 / 2019