in

O festival Sete Falares volve a Pontevedra

SteFalares2019 |

Entre os días 6 e 9 de xuño, Pontevedra acolle unha nova edición de Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias. O programa deste ano inclúe narradoras procedentes de Ecuador, Brasil, Colombia e Galicia. Serán catro intensos días coa oralidade e a forza da palabra como absolutas protagonistas.

O Sete Falares está orientado principalmente a público adulto, aínda que tamén haberá sesións dirixidas a público familiar. Toda a programación é de balde, a excepción da gala de clausura.

O día 6, Cándido Pazó encargarase da apertura do Festival, ás 20:30, no Teatro Principal.

O venres 7 haberá unha sesión dedicada a público familiar, ás 18:00, no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, a cargo de Pavís Pavós. Xa ás 20:30, Tâmara Bezerra (Brasil) e Ángela Arboleda (Ecuador) compartirán o escenario do Teatro Principal. E ás 22:30, nas ruínas de San Domingos, serán Carolina Rueda, Xurxo Souto e Cándido Pazó os que lle poñan o ramo á xornada.


Publicidade

O sábado 8, o programa comezará no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, ás 12:00, con Tâmara Becerra. Continuará ás 18:00 con Ángela Arboleda nas Ruínas de San Domingos e ás 19:00 con Carolina Rueda (Ecuador) no Teatro Principal.

Rematará cunha ruta en grupos de 60 persoas, que percorrerán a cidade visitando lugares emblemáticos mentres escoitan historias de Tâmara Bezerra, Ángela Arboleda, Carolina Rueda, Xurxo Souto e Cándido Pazó. Haberá catro quendas con saída dende o Teatro Principal ás 22.00, 22.20, 22.40 e 23.00. As invitacións poderán recollerse no Teatro Principal de Pontevedra desde as 21.30 para todas as funcións.

O domingo 10, Xurxo Souto estará no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais ás 18:00, e o festival reamatará cunha gala de clausura na que se escoitarán historias de todxs xs participantes: Tâmara Bezerra, Ángela Arboleda, Carolina Rueda, Xurxo Souto, Cándido Pazó e Pavís Pavós.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

teatro ob sceno 2019 |

Última fin de semana do ciclo Teatro Ob-sceno no Salón Teatro

LaStradaMarioGas |

Afundación presenta a súa tempada de outono en Vigo