in

Última fin de semana do ciclo Teatro Ob-sceno no Salón Teatro

teatro ob sceno 2019 |

Teatro Ob-sceno –un ciclo de accións escénicas curtas a través do cal o Centro Dramático Galego abre para a exhibición artística diferentes estancias da súa sede do Salón Teatro de Santiago e que comezou a semana pasada– terá continuidade nesta fin de semana, do 24 ao 26 de maio, con tres pezas curtas que se exhibirán as 19:00 (venres e sábado) e as 20:30 (domingo). O ciclo está pensado para dar cabida a aquelas propostas dunha duración máis reducida do habitual, que precisen dun espazo alternativo ao escenario para a súa representación.

No camerino, escenificarase Alicia morreu de sobredose, unha proposta de Rinoceronte Teatro creada e interpretada por Noelia Toledano e con música orixinal de Manuel Álvarez.

Pola súa banda, a biblioteca acollerá Sofía, achega unipersonal de Marta Pérez, próxima ao teatro-conferencia e realizada a partir do espectáculo da compañía Inversa Teatro Sofía e as postsocráticas que puido verse o ano pasado no Salón Teatro. Trátase dunha acción escénica na que a actriz, no escenario e acompañada da súa propia máscara (Platón), fai unha reflexión en torno á necesidade de buscar un novo xeito de reflexionar ante a problemática da violencia machista.

Publicidade

Finalmente, e tamén na biblioteca, poderá verse Pulso, de Teatro En-Trance, unha peza de Paula Sanmartín inspirada na figura de Neal Cassady, icona da chamada Xeración Beat. Unha peza na que dialogan varias linguaxes e onde o “spoken-word” serve, non só como texto, mais tamén como pretexto e como subtexto.

Esta segunda quenda de Teatro Ob-sceno desenvolverase canda a estrea no Salón Teatro doutra das propostas do programa de coproducións do CDG: SOMA, unha experimentación escénica que xorde da colaboración entre o coreógrafo e investigador galego Javier Martín e o escultor e performer catalán Joaquín Jara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

VidaDeCans |

Vida de cans

SteFalares2019 |

O festival Sete Falares volve a Pontevedra