in

A compañía A Feroz volve a Compostela con ‘After Party’

AFerozAfterparty04 |
Esta peza interdisciplinar, escrita e dirixida por Lorena Conde, fala da decepción dunha xeración empeñada na procura da felicidade.

 

A Feroz regresa esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago con Afterparty, espectáculo de debut desta nova compañía galega que foi estreado o ano pasado neste mesmo escenario dentro do programa de residencias artísticas do Centro Dramático Galego. O público compostelán terá agora dúas novas oportunidades de ver esta proposta, escrita e dirixida por Lorena Conde, nas funcións do sábado 1, ás 21:00, e do domingo 2, ás 19:30.

Este colectivo artístico botou a andar hai pouco máis dun ano para, nas súas propias palabras, transcender as barreiras persoais e poñer en común sobre o escenario as preguntas que comparten como xeración, ademais de todas as posibles respostas. Así xurdiu tamén Afterparty, peza que fala da decepción, do empeño na felicidade e da procura de respostas por parte desa xeración que chegou tarde a todo. A Feroz defínea como “relato emocional no que reina o espírito do lixo, do exceso posmoderno”.

Publicidade

O resultado é un “artefacto escénico” no que a letra, a música, o espazo e o movemento corporal foron desenvolvéndose á vez durante un proceso de creación interdiciplinar. Inés Salvado, Beatriz Romero, Gustavo Freire e Lolo Castro son os encargados de lle dar vida ao espectáculo, para o que esta fin de semana contarán coas achegas de varios colaboradores sorpresa.

Para levalo ás táboas, contaron ademais coa escenografía de Álvaro G. Mallo e Cecilia Castro, o espazo sonoro de Manuel Abraldes, a fotografía de Tamara de la Fuente e a produción de Beatriz Romero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

NeorretrancaSinfonía |

Centro Dramático Galego: o futuro sen Fefa Noia

Euphoria |

O CGAC estrea hoxe a ópera ‘Euphoria’