A Escola da Noite estrea hoxe, no Teatro da Cerca de São Bernardo de Coimbra, “o homem que”, a partir da obra de Augusto Baptista. Con dirección de António Augusto Barros e concepción plástica de António Augusto Barros e Ana Rosa Assunção,“o homem que” é un espectáculo / instalación que lle presenta ao público o sorprendente, poético e ben humorado universo dun autor que permanece descoñecido e afastado dos canons e dos circuítos estabelecidos.
Nacido en Oliveira de Azeméis e radicado no Porto, Augusto Baptista é xornalista de profesión, e defínese a si mesmo como alguén que cruza escritas: texto, fotografia, deseño, textos curtos e moi curtos –contos, micro-contos, “enigmas” que parecen haikus– e até figuracións en tangram, o célebre xogo inventado na China e no cal se tornou especialista.
Con varias exposicións realizadas, individuais e colectivas, ten varios libros publicados, entre os cales destacan Floripes Negra, Histórias de coisa nenhuma e outras pequenas insignificâncias, O caçador de luas, Elucidário oblíquo do reino dos bichos, Moustache, Rabo de gato, o homem que… ou, en colaboración con Francisco Duarte Mangas, O medo não podia ter tudo e A cidade escrita. Como creador de tangram, editou Tangram Art, Tangram design, Tangram cats e Tangram humanas figurações.
É socio fundador e membro da dirección da Associação Cena Lusófona, integra a Associação de Jornalistas e Homens de Letras do Porto e é dende hai mais de duas décadas fotógrafo de escena d’A Escola da Noite, tendo documentado a maioria dos espectáculos da compañía.
É esta multiplicidade de formas que A Escola da Noite quere agora traspor á escena e outros espazos do TCSB, nunha das moitas viaxes posíbeis a que a súa obra, tan singular, convida. Entre cadrados, triángulos e o paralelogramo, a angulosidade do trazo, a luz da fotografía e o fascinio polas palabras, pola linguaxe e pola complexidade humana.
A estrea será esta noite ás 21:30 e a obra permanecerá en cartel ata o 30 de xuño: os xoves ás 19:00, venres e sábados ás 21:30 e domingos ás 16:00.
Ficha
Textos, desenhos, tangram e fotografias: Augusto Baptista
Dramaturxia e dirección: António Augusto Barros
Elenco: Igor Lebreaud, Maria João Robalo, Miguel Magalhães, Sofia Lobo
Dirección plástica: Ana Rosa Assunção, António Augusto Barros
Vestiario e atrezzo: Ana Rosa Assunção
Deseño de luz: Danilo Pinto
Sonoplastia: Zé Diogo
Vídeo: Eduardo Pinto
Montaxe: Danilo Pinto, Eduardo Pinto, Rui Valente, Zé Diogo