in

I Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado para textos escritos por mulleres

PremioAnaDiosdado |
O premio recoñece os textos escritos por mulleres cunha dotación económica de 4000 euros, a dramatización do texto gañador dentro do Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa publicación dentro da colección Teatroautor.

 

A Fundación SGAE, como reflexo do seu compromiso pola igualdade, convoca por primeira vez o Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado 2019 para textos escritos por mulleres. A entidade pretende así recoñecer, impulsar e visibilizar a creación a a dramaturxia contemporánea feminina de excelencia.

O certame está aberto a todas as autoras socias da SGAE de calquera nacionalidade. O prazo de presentación dos textos orixinais, que poden estar escritos en calquera dos idiomas oficiais do Estado español e portugués e en coautoría, concluirá o próximo 20 de agosto. As obras non poden estar publicadas nin ter sido representadas en espazos escénicos.

Un xurado, designado pola entidade, integrado por profesionais do mundo das Artes Escénicas, seleccionará o texto gañador. O premio para a obra galardoada será unha dotación económica de 4.000 €, a dramatización do texto gañador dentro do Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa publicación dentro da colección Teatroautor que a Fundación SGAE edita anualmente. O fallo farase público na Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos de Alacante o 11 de novembro de 2019.

 


Publicidade

Acerca do Premio SGAE de Teatro ‘Ana Diosdado’

O Premio SGAE de Teatro Ana Diosdado é, ademais dunha plataforma de visibilización e impulso para a dramaturxia contemporánea feminina, un tributo á memoria da guionista e dramaturga Ana Isabel Álvarez-Diosdado Gisbert (1938-2015). Entre as súas obras máis destacadas figuran Olvida los tambores, Usted también puede disfrutar de ella, e o fenómeno televisivo Anillos de oro (TVE), entre outras. A autora foi a primeira muller que ocupou o cargo de presidenta da Sociedad General de Autores y Editores, posto que desempeñou desde 2001 até 2007.

 

Báses do premio

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

VoadoraHemosVenidoADarloTodo2 |

Teatro documento, novo circo e construción da identidade na 35ª Mostra de Ribadavia

GirlsBoysCareyMulligan |

O FIOT de Carballo estreará a versión castelá de ‘Girls & Boys’ de Dennis Kelly