Onte, a Sala Ingrávida do Porriño entregou o premio Coiro de Pita, que lle outorga o público da sala á mellor montaxe teatral da programación de cada tempada. A gañadora deste ano foi a compañía Mortificación Teatro, coa súa obra Porkulo: el cisne que decidió combatir.
Porkulo: el cisne que decidió combatir é un espectáculo de danza-teatro persoal, autobiográfica e poética ao mesmo tempo que reflexiona sobre a homosexualidade e a súa relación coa sociedade capitalista moderna. Está dividido en tres partes que transitan dende a violencia ata a paz, pola rebelión contra a norma, pasando a problemática do medo na infancia e o amor e o sexo no mundo do consumo de corpos, do capitalismo sexual.
O espectáculo da compañía Mortificación Teatro impúxose aos outros tres finalistas: Chola a it girl, de Artesa Cia.; Doppelgänger, de Berrobambán; e Non fai falla ser unha casa para ter pantasmas, de Prácido Domingo.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



