in

O Festival Vaudeville Rendez-Vous comeza esta semana

Chá das Cinco |
Esta semana comeza a sexta edición do Vaudeville Rendez-Vous, que se desenvolverá entre 24 e 28 de xullo en catro cidades do norte de Portugal: Famalicão, Guimarães, Braga e, por primeira vez, en Barcelos. O Festival presenta 40 actividades públicas, nomeadamente 28 representacións de 13 espectáculos, dos cales tres son coproducións, en estrea absoluta. | Foto: J. Pedro Martins |

 

Mais de 50 artistas, de diferentes xeografías, van revelar todo o potencial do circo contemporáneo, presentando espectáculos que conxugan enxeño e innovación. Para abrir a sexta edición, o dia 24 de xullo, o Vaudeville Rendez-Vous recebe, por primeira vez, unha compañía australiana. A Gravity & Other Myths vai presentar o seu espectáculo A Simple Space, en Barcelos, ás 22:00. O grupo de sete acróbatas vai desafiar os seus limites físicos, acompañado por percusión tocada ao vivo.

Outro dos moitos destaques dos primeiros días da edición de 2019 é a performance da compañía inglesa Gandini Juggling, que estrea o seu espectáculo Sigma, o día 25 de xullo, en Braga, ás 22:00. Interpretado por catro malabaristas mulleres de orixe inglesa e indiana, onde se inclúe a bailarina Seeta Patel –unha referencia na interpretación da danza clásica indiana Bharatanatyam–, o espectáculo celebra o diálogo entre os mundos do malabarismo, da música e da danza e “confirma a idea de que o Brexit non é senón un grande equívoco”.

 

Circo contemporáneo no feminino

A creación da Gandini Juggling é un dos tres proxectos interpretados e concibidos por mulleres nesta edición do Vaudeville Rendez-Vous, unha participación no feminino que o festival pretende incentivar e ampliar en edicións futuras. As outras propostas son Chá das Cinco, da compañía nacional Coração nas Mãos –que vai ser presentado o día 25 de xullo, ás 19:00, en Barcelos; o día 26, ás 19:00, en Braga; e o día 27, ás 19:00, en Guimarães–, e o proxecto Um belo dia, da portuguesa Dulce Duca, o día 27 de xullo, ás 11:00, en Barcelos, unha combinación de teatro físico e malabarismo, que culmina nun universo poético, entre a realidade e o absurdo.

 


Publicidade

Actividades paralelas marcan a programación do Vaudeville

Non se precisa ser especialista de circo ou estudante para proceder á inscrición nas oficinas da sexta edición do Vaudeville. Durante os catro días do Festival, vanse desenvolver tres obradoiros –acrobacia aérea, manipulación de obxectos e equilibrio–, tamén de entrada gratuíta, nas catro cidades. Á par dos talleres, o programa contempla aínda un debate sobre redes de cooperación artística, o día 27 de xullo, e un showcase, o día 26 de xullo, que pretende promover e mostrar a programadores internacionais a creación portuguesa de circo contemporáneo.

Con estas iniciativas, o Vaudeville Rendez-Vous, creado polo Teatro da Didascália, destaca, mais unha vez, pola súa diversidade e afirma o seu compromiso de valorização e proxectar o circo contemporáneo. É a partir da forza rexional que o festival pretende dinamizar a internacionalización da cultura e dos artistas, a través das redes europeas que o festival integra – CircusNext e Circostrada.

 

Máis información sobre esta edición do Festival Vaudeville Rendez-Vous.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Unpoyorojo05 |

Un poyo rojo

XuventudeCrea2019 |

O programa ‘Xuventude Crea’ suma danza moderna ás súas categorías