in ,

Homenaxe a Ernesto Chao e á Agrupación Abrente na MIT

ernesto casares |
| Foto: Tragaluz / AAAG |

 

A MIT reunirá á escena galega e ao público nun acto institucional e civil que quere recordar o legado e a memoria da Asociación Cultural Abrente, que tanto significou para a vida teatral de Ribadavia e a historia do teatro galego, e para homenaxear ao finado actor ribadaviense Ernesto Chao, membro tamén da citada Asociación Abrente, que en 2019 celebra o 50 aniversario do seu nacemento.

Ernesto Chao foi un actor cunha dilatada experiencia profesional, especialmente no teatro, cunha carreira ininterrompida desde 1969 onde destaca, entre outras, a fundación de compañías míticas como Abrente e Artello e a súa colaboración en proxectos como Teatro do Malbarate. Director do Centro Dramático Galego de 1986 a 1987, Chao fundou a súa propia compañía teatral, Lagarta Lagarta S.L. xunto coa súa esposa, a tamén actriz Rosa Álvarez. Xunto co seu traballo como intérprete, destaca a súa actividade en favor da mellora das condicións profesionais do sector coa fundación en 1985 da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, da que tamén foi Presidente.

Entre os recoñecementos recibidos por Ernesto Chao está o Premio de Honra Abrente no Festival Internacional de Teatro de Ribadavia, o Premio Compostela de Teatro ao Mellor Actor Protagonista por Galileo Galilei, o Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego como Mellor actor protagonista por Condenado a vivir, Premio de Honra Pedigree do VII Festival de Cans ou o Premio de Honra Fernando Rey por toda a súa traxectoria profesional.


Publicidade

Ao remate do acto, no que intervirán Eduardo Alonso, Mabel Rivera, Antonio Durán Morris e membros de Abrente, descubrirase unha placa na fachada da súa casa natal de Ribadavia.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

sarabelanormas |

Ribeira presenta o seu ciclo de teatro máis longo da última década

Transfiguration |

Transfiguration