in

Kirenia C. Martínez Acosta desenvolve unha performance en Italia

kirenia1 |

Kirenia C. Martínez Acosta, da compañía Entremans, foi escollida para unha residencia en Basilicata (Italia), dentro do proxecto I-Portunus, co obxectivo de desenvolver unha performance, Instante gradual. Martínez Acosta, que comezou a residencia o día 1 deste mes, permanecerá en Italia até o 18 para rematar o seu proxecto.

Instante gradual é un proxecto de investigación coreográfica que pretende narrar, a través da linguaxe corporal, que se expresa sen censura, a transformación gradual das cousas contidas en momentos, en segundos. Cando se crea unha pedra ou se converte o carbón ou a pedra calcaria en mármore? É unha reflexión sobre o momento gradual, encerrada nunha fracción histórica de segundos.

O proxecto está organizado por #reteteatro41, unha rede de catro compañías de teatro de Lucania (Compagnia teatrale Petra, Gommalacca Teatro, L’Albero e IAC –Centro arti ingrate) que promove un diálogo aberto e constante entre artistas e comunidades de Europa.

O obxectivo do proxecto, financiado por Creative Europe, é promover a mobilidade de artistas en Europa a través de residencias que duran entre 15 e 85 días. I-Portunus, no que participan artistas dedicados ás artes escénicas (interpretación, danza, disciplinas circenses, street art, etc.) e nas artes visuais (artesanía, deseño, moda, fotografía, etc.), promove colaboracións a través da mobilidade internacional, a circulación de obras culturais, o diálogo entre as comunidades mediadas polos artistas.


Publicidade

O proceso creativo da representación terá lugar en Satriano di Lucania grazas á colaboración coa administración municipal e coa compañía teatral Petra, unha das integrantes de #reteteatro41. Unha segunda parte da residencia artística terá lugar en Matera co apoio doutro membro de #reteteatro41, a compañía de teatro Albero.

A artista estará involucrada no proceso creativo de interpretación e na interacción coas comunidades a través de encontros co público. De feito, os días 3 e 9 de agosto están previstos dúas presentacións públicas en Satriano di Lucania.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tickets |

Comeza a nova tempada da Rede Galega de Teatros e Auditorios

celsoparada |

Faleceu Celso Parada, figura fundamental do teatro