in

Volve o Circo na Rúa a Lalín

Circanelo02 |
O Circo na Rúa volve a Lalín, a partir de hoxe, con tres funcións.

 

O venres 9, ás 20:30, no Km 0, Sue Moreno presentará 4.0, un espectáculo no que se mesturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, sobre unha estrutura de seis metros de altura e empregando o humor como partitura. A historia preséntanos a unha muller no seu día a día, tentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade e amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra e, por momentos, absurda.

O día 10, ás 20:30 na Praza da Igrexa, será a quenda da compañía N+1 e Circanelo, un espectáculo que mestura teatro xestual, danza e acrobacia con espontaneidade, sorpresa e diversión. Unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo. O público o acompañará nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos ós conflitos de este paiaso que non dubida en exporse, en mostrarse para chegar a grandes e a nenos.

Publicidade

O domingo 11, ás 20:00, na Rúa Colón, remata o ciclo con Teatro ó Cubo e Ghop!, un berro cheo de enerxía e ímpeto para un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que, no pasado, percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia, o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar. Teatro Ó Cubo sae á rúa e completa o seu repertorio teatral para toda a familia.

 

Actualización: O espectáculo de Sue Moreno previsto para o venres, 9 de agosto, ás 20:30 horas no KM0, dentro do programa “Novo Circo na Rúa”, cambiará de localización para o HALL DO CONCELLO debido ás malas condicións metereolóxicas que se agardan. Manterase á mesma hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

DonaBarrigaVerde |

Arte escénica, moral castradora e balbordo

Stage098 |

Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic