in

Manquiña estrea ‘Relatos negros’, baseado en textos de Roald Dahl

RelatosNegros |
O vindeiro 20 de setembro, no Auditorio da SGAE de Santiago de Compostela, ás 21:00, Manuel Manquiña presenta o seu novo proxecto, Relatos negros, un espectáculo dirixido por Darío Autrán e baseado en textos de Roald Dahl.

 

Relato negros é unha comedia sobre unha das fascinacións máis antigas do home: o asasinato. Todo temos un hobby, algo co que encher o noso tempo: a uns gústalles ir pasar a tarde xogando ao golf, outros coleccionar selos e a outros, por exemplo, ir á piscina. Pero a Manquiña o que lle gusta é coleccionar historias sobre crimes. Un hobby como outro calquera.

A través do universo escuro, macabro e de humor negro de Roald Dahl coñeceremos tres historias fascinantes e moi difíciles de esquecer… Nesta obra dirixida por Darío Autrán, Manquiña enfróntase ao público en solitario durante 60 minutos.


Publicidade

Manuel Manquiña é hoxe un dos rostros máis populares da escena galega. Moi coñecido polo seus traballos no cine e na televisión, pertence á xeración dos pioneiros do teatro galego (foi un dos fundadores, xunto a Antonio Simón, Gonzalo Uriarte ou Francisco Taxes da cooperativa Troula, que estrearía O velorio en 1978), e é lembrado polos seus papeis en obras como Hamlet, Días sen gloria ou A función do tequila. Ademais, co seu traballo como monologuista mantén unha permanente conexión co público de todas as idades.

Darío Autrán e cineasta e produtor e conta no seu haber coa produción, dirección e guión de longas como Tilda e Jean, e as curtametraxes Efectos de Maio e Nidos de Luz. En teatro dirixiu as obras O lugar, Malvís e fogo e Píntega.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

LixoBaulTiaTola |

O programa para bebés regresa ao Auditorio de Ourense

FIOT2019 |

Xa se coñece o programa do FIOT 2019