O VII Festival das Núbebes de Pontevedra presentou o seu programa de actividades de artes escénicas dirixido especialmente a naipelos e familias, para cuxa celebración conta co apoio da Xunta de Galicia. O certame, único na Comunidade deste xénero dedicado por completo ás idades máis temperás, desenvolverase en dúas fins de semana consecutivas, os días 20, 21, 22, 28 e 29 de setembro, cunha carteleira que abrangue teatro, contos, música e obradoiros.
O cartel do VII Festival das Núbebes comeza o venres 20 no Teatro Principal cunha sesión de teatro, monicreques e música que contará con Cora Velasco como artista convidada. Nos restantes catro días do encontro, a actividade estenderase a outros emprazamentos, como o Padroado de Turismo Rías Baixas, a Casa Azul, o Centro Social do Casino Mercantil e o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, ademais da praza do Teucro, onde terá lugar o domingo 29 a xa tradicional guerra de almofadas e coxíns que precederá o espectáculo musical A voar, da Cé Orquestra Pantasma.
Outras formacións que presentarán as súas montaxes son Mercedes Prieto con Ninananas, Kamante Teatro con Sembrando historias, Asociación Down Pontevedra con Cociñando Xunt@s, Cris de Caldas e Xabi de Camiño con Kenka un kenko, Nieves López López con Apertas de familia, Baobab Teatro con O lobo e a lúa, O Mago Paco con Patapatún, tun, tun!!, Eugenia Manzanera con Caracoles, Flauta Mágica con Lúa, lúa, sol, ou Raquel Queizás con O xogo de Nano, entre outras. Varias propostas van dirixidas á franxa de idade de cero a doce meses e todas elas están recomendadas especialmente para nenos e nenas ata os seis anos.
Pódese descargar o programa completo do festival aquí.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



