Carlos Labraña visitará Lisboa nun acto organizado polo Centro Estudos Galegos da Universidade Nova Lisboa. Na súa estadía en Portugal Carlos Labraña participará nun coloquio con formato de conversa aberta co título Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza. Será este sábado 28 de setembro, ás 19:00, na Fábrica Braço da Prata, con entrada libre.
Nesta xornada estarán presentes catro representantes dos diferentes eidos involucrados na creación dunha obra teatral: a escritura, a produción, a edición e a posta en escena. Canda Carlos Labraña estarán os portugueses Ana Enes (Lua Cheia – Teatro para todos), Vicente Morais e João Batista.
Esta actividade Xorde da colaboración da AELG e o Centro de Estudos Galegos de Lisboa.
- O festival de danza e artes do movemento Abanea celebra a súa quinta edición - 09/07/2026
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026



